
Materiais
1.- Carta a unha boa amiga
Benquerida Mariña :
Bótote moito de menos. ¿ Por que non intentas convencer
ó teu pai e a túa nai para que che deixen vir pasar
uns días a Vigo comigo? Dende que marchaches a vivir a
Ourense a clase non parece a mesma...
Acórdame
cando te empeñaches en facerlle unha festa a Alí
recén chegado de Marrocos e non paraches ata que conseguiches
convencer á profe, á directora, e a tódolos
nenos e nenas do grupo. .¡Ti sempre pensando nos demais!.
Agora non teño con quen intercambiar libros...
Por certo, Mariña...¿cómo vai o teu peso?
¿Conseguiches baixar uns kilos? ¿Cómo levas
o da dieta que che puxo o endocrino? ¿xa deixaches de tomar
chucherías? ¿Con quen vas agora a camiñar?
Imaxino que xa che pasaría o disgusto aquel que tiñas
cando falei contigo por telefono...A ese neno que te chamou vaca
e balea, tiña que lle pasar algo que lle fixera pensar,
seguro que tiña veleno dentro por algo... Pero ti es forte
e sabes moi ben que as persoas valen por outras cousas... Gustoume
moito unha frase que nos comentou a profe o outro día:
"AS PALABRAS NON SON PEDRAS. ¡RESPECTA ÓS/AS
DEMAIS!"
Dende que me comentaches o que estás facendo para adelgazar,
tamén eu cambiei...Non como entre horas, como froita e
ensalada tódolos días, e non protesto polo peixe.
¿Se non coido eu o meu corpo, quen o vai facer?
A ver se nos vemos en Semana Santa...Se segues así, esforzandote
tanto, estou segura que no verán poderemos bañarnos
e pasear xuntas pola praia e ti estarás máis contenta
co teu corpo e sentiraste mellor.¡PERO PORFA, MARIÑA,
NON CAMBIES, EU QUÉROTE ASÍ, BOA, ALEGRE, BULE BULE...!
Tódolos nenos e nenas da clase acórdanse moito
de ti, quérente. Especialmente Alí mándache
unha aperta e di que che vai escribir... Bicos
2.- Carta dunha boa nai para escapar da casa
Queridos todos:
Marcho. Espero que non sexa definitivo.
Chamareivos de cando en vez. Sei que me dirédes "0h
mamá, canto te botamos de menos". Regresarei o día
que vos apropiedes do meu mandil, que non se note o meu oco na
cociña, que non necesitedes un intermdiario para falardes
con papá ou catro euros extras para remata-lo domingo,
o día -dame igual- que saibades plancharvos as camisas
ou que non vos importe levalas enrugadas. Fun comprensiva, por
suposto, claro, pero agora gustaríame ter algo que os demais
comprenderan, ou que non comprenderan, non sei se me explico.
Teredes, ademais, que atopar primeiro onde agachei as bolas de
naftalina. O día que as atopedes, os segredos do fogar
estarán para sempre no voso poder. Só entón
seredes quen de preguntarvos se vos intereso, anque só
sexa para saber que tal me foi; a mín, non a vós.
A partires dese día, se vos chamo, invitádesme a
tomar algo.
Quérovos
Mamá
P.D.: Claro que me gustaban os agasallos prácticos. Aí
estaba o problema. Que me gustaban.
----------
**(Extraída de Joseph Vicent Marqués : " Agarimosa
requisitoria contra a familia", de El Viejo Topo)
|