PRINCIPAL

O NOSO COLEXIO
Quen somos
Onde estamos
Horario
Servizos
Instalacións
Aulas

NOTICIAS

RECANTO CREATIVO
O Trasno
Plis-plas
As Chans
Violeta
  | Proxecto Violeta
  | Quen é Violeta?
  | Diario de Violeta
  | Materiais
A Xanela
Pandereteiras

ANPA

VIAXA NA REDE

MAPA DA WEB

CRÉDITOS


Proxecto Violeta



1.- Xustificación do proxecto

Constatamos a existencia dunha sociedade sexista na que día a día golpéannos noticias terribles relacionadas coa violencia de xénero, discriminación laboral...Entendemos que a escola debe implicarse con urxencia nun proceso de cambio e que debemos de ir progresando cara a unha escola coeducadora que aínda non existe. A escola, está obrigada a colaborar na creación dun modelo novo de persoa, posibilitando unhas condicións que potencien o seu desenvolvemento integral. Debemos pretender a creación duna nova ética que esixe a revisión crítica do sistema de valores xerado nunha sociedade xerarquizada dende a súa base.
Sensibilizar ó noso alumnado e á comunidade escolar, e progresar nunha educación que sexa de verdade para os dous “sexos” é o que pretendemos.

2.- Obxectivos xerais

• Promove-la adquisición de actitudes e coñecementos relacionados coa educación non sexista.: hábitos de convivencia positivos na escola e fóra dela.
• Analiza-las relacións que se establecen na vida , aprendendo a discernir críticamente as situacións positivas e negativas.
• Promover un modelo de escola igualmente válido para os nenos e as nenas , que teña en conta a presencia e as necesidades das nenas.
• Ter unha actitude crítica ante a presencia da “neutralidade” da educación (currículo oculto).
• Tomar medidas de acción positiva para avanzar nestes valores.
• Potencia-la cultura cooperativa do centro fomentando unha especial participación de alumnos/as, profesores/as, pais/nais.
• Potencia-la innovación educativa.

3.-Estrutura e contidos

A metodoloxía proposta será activa e participativa. Esta experiencia educativa consiste nun Proxecto que intenta que o noso alumnado,partindo da identificación con Violeta unha nena de dez anos que nos vai presentando no seu diario determinadas situacións problemáticas que ela vive no seo dunha familia tradicional, chegue a unha interiorización de vivencias que conleve unha evolucion persoal equilibrada.

Os nenos e nenas maiores da escola en base a estos aspectos irán recollendo información dos medios de comunicación e da vida que constaten a cara positiva e negativa destas realidades. A evolución do proxecto e a súa propia dinámica irá marcando distintos tipos de actividades . Preténdese que este traballo sexa unha ventá aberta ó resto da escola




subir