PRINCIPAL
O NOSO COLEXIO
Quen somos
Onde estamos
Horario
Servizos
Instalacións
Aulas
NOTICIAS
RECANTO CREATIVO
O Trasno
Plis-plas
As Chans
Violeta
| Proxecto
Violeta
| Quen
é Violeta?
| Diario
de Violeta
| Materiais
A Xanela
Pandereteiras
ANPA
VIAXA NA REDE
MAPA DA WEB
CRÉDITOS |

¿Quen é Violeta?
Violeta
é unha rapaza de dez anos que vive en Bembrive. Ten un irmán
maior, e unha irmá pequerrecha : Xan de once anos e Mariña
de tres.
Manolo e Mari, pai e a nai de Violeta, traballan arreo e non sempre
están de bo humor. El é camioneiro, transporta conxelados
e viaxa por España e varios paises de Europa. Ás veces
pasa tempo fóra da casa. Mari, traballa con contratos temporais
nunha empresa de limpeza. Ademais ocúpase dunha pequena horta,
coida á avoa Lola de Beade que está doente e tamén
leva a casa.
A Violeta gústalle moito dar paseos e xogar co seu can Platón,
tamén lle gusta andar en bicicleta e ler libros de aventuras.
Na escola, apaixóalle Coñecemento do Medio porque
a súa profe Laura, fai unhas clases moi vivas
e interesantes. Ademais, ás veces tratan temas que lle preocupan
coma a relación nenos-nenas, a emigración, noticias
de actualidade...
Violeta é alegre e inqueda, pero hai cousas da vida, da súa
vida, que non acaba de entender. Entón rebélase e
entristécese. Esta semana por exemplo, está a quedar
na casa polas tardes coidando a Mariña mentres Xan vai tranquilamente
ós seus adestramentos de futbol.
En ocasións como esta, sente a inxustiza. Ó chegar
a súa nai, pola noitiña, Violeta colle unha pequena
libreta vermella, e sube ó faiado. Este é o seu refuxio.
Alí con letra miúda e apretada escribe o seu diario:
pensamentos, inquedanzas, dúbidas...
Violeta está triste. ¿Qué lle pasa a Violeta
?
|