![]() |
|
|
Xuño
|
O noso besbello está a piques de remata-lo curso e vai troca-la mochila, cos libros, polo traxe de baño para ir a praia. Pero antes da marcha quere deixar uns consellos e suxerencias para este tempo no que imos tomar moito máis contacto coa Natureza. Pasádeo ben, aprendede moito, enchede os ollos de mares azuis, de campos moi verdes e praias moi limpas... respectade o contorno e dade exemplo para que todos o fagan tamén. Volvede a casa co recordo duns bos días pero non deixedes 'recordos' das vosas visitas. |
|
Aquí están os carteis presentados ó concurso celebrado con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente. A entrega dos premios será o día 24 deste mes de xuño. Noraboa a todos polo bo traballo e lembrade que agora tedes que cumplir o que dicides neles. |
![]() |
![]() |
![]() |
|
Aproveitamos
para despedir ós alumnos/as de 6º que o próximo curso
estarán na ESO. En especial a Bea e Mariña que cos seus
fantásticos debuxos animaron estas páxina. Desexámoslles
que sigan medrando en coñecementos e aptitudes artísticas,
ademais da conciencia social e responsabilidade co medio ambiente que
amosan nas súas ilustracións. Moita sorte e seguide así.
|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Estes
son uns dos moitos traballos presentados. Hai moitos máis, que
por ser máis pequenos, están xuntos nun taboleiro do segundo
andar.
|
|
Esta
foi a nosa contribución ós moitos actos para celebra-lo
Día Mundial do Medio Ambiente. Tiñamos pensado tamén
poñer carteis cos nomes das árbores do noso xardín,
pero faltan uns pequenos retoques polo que, aínda que están
xa no Colexio, será unha das primeiras actividades do próximo
curso.
|
![]() |
|
Novas
das bolboretas da seda
|
![]() |
Estes
días tivemo-la sorte de ver sai-las bolboretas da seda. Son uns
fermosos animais que despois dun complexísimo proceso de metamorfose,
están a poñe-los ovos que nos van permitir observalos
de novo o próximo curso. Imos poñer aquí unhas
recomendacións para que todos/as os que tedes larvas na casa
as conservedes de manera axeitada. |
![]() |
![]() |
![]() |
Distintos
momentos da actividade reproductora destas curiosas bolboretas.
|
![]() |
|
Lembra: 1.- Conserva os ovos nun lugar fresco e seco ata a primavera, a calor da calefacción pode enganalos e facelos madurar cando non hai follas de moreira para alimenta-las larvas. 2.- Cando saian dos ovos coida que teñan sempre follas de moreira frescas. Debes separa-las follas, non corta-las ramas das árbores, non deixa-las ramas sen follas e non corta las follas no extremo das ramas. Respecta e coida as árbores. 3.- Pon as follas novas por riba das que xa comeron, co envés cara abaixo, é máis tenro. 4.- Cando as larvas son moi cativas, tes que corta-las follas en anacos moi pequenos para facilitarlle-la inxestión. 5.- Podes almacena-las follas no refrixerador, en bolsiñas, pero ten coidado de telas fora un par de horas antes de que as coman. 6.- Observa as árbores das que vas colle-las follas, non vaian ter productos químicos que acabarían cos vermes. 7.- Garda os ovos, larvas e bolboretas lonxe do sol, a calor pode acabar con eles. 8.- Non toque-las larvas cando están moi quedas coa cabeza alta, están na fase de muda. 9.- Non colla-las larvas pequenas cos dedos, podes danalas. |
O pasado luns dia 14, ó sair do Colexio, un grupo de alumnos/as atoparon este pitiño moi asustado. Segundo as explicacións dos técnicos do Centro de recuperación de fauna de Santa Cruz, trátase dun polo de gaivota. Quedou alí ata que sexa quen de voar e integrarse no seu medio natural. |
![]() |