O Islam, contrariamente ó que puidera
parecernos, é tremendamente flexible, ábrese ás interpretacións
de centos de eruditos y guías espirituais. Cultos relixiosos e
costumes de Túnez e Marrocos considéranse auténticas
herexías nas terribles madrasas de Arabia Saudita onde se imparte
a interpretación máis escura e irracional do Islam: os talibáns
afganos foron os seus sus alumnos avantaxados. Cando se tentou rectificar
xa era demasiado tarde e hoxe o fundamentalismo é un dos grandes
perigos que ameazan ó Islam.
¿E as mulleres?. As mulleres organízanse, reclaman dereitos
básicos, laborais, políticos desde posicionamentos moi diferentes,
tan diferentes como son os seus países, o seu entorno e as circunstancias
nas que viven.
Hai mulleres afganas torturadas polos talibáns
e os seus sucesores.
Mulleres sauditas, presas nos seus cárceres de ouro.
Mulleres saharauís e palestinas,
activas e orgullosas, soportando, a maiores, unha situación de
flagrante inxustiza que ninguén parece poder ou querer solucionar.
Mulleres turcas, tunecinas e marroquís
reivindicando dereitos parecidos ós que reclamaban as españolas
de hai non tantos anos.
Mulleres nixerianas ,condeadas a morer
lapidadas.
Mulleres iranianas orgullosas do seu réxime,
producto da revolución islámica, e desafiantes rapazas iranianas,
adictas ó “breakdance”, que levan maquillaxe e axustadas
roupas baixo o chador.
Mulleres exipcias de longa tradición
feminista
Nenas exipcias sometidas polas súas nais á terrible ablación.
Campesiñas alxerianas, violadas
impunemente.
Mulleres bosniacas, traballando para recuperar
a normalidade despois do espanto.
Mulleres uzbecas das que, admitámolo,
a penas sabemos nada.
Indias, sudanesas, pakistanís, iemenís ...a lista parece
interminable.
As asociacións de mulleres reclaman
dereitos, espacios, protagonismo, dignidade, pero fano desde posturas
que van da ortodoxia das máis conservadoras, pasando polas que
reclaman unha actualización profunda das leis islámicas,
ata as que só admiten o marco dos dereitos humanos e pretenden
desvencellarse de calquera credo relixioso .
Ofertámosvos unha pequena
selección de artigos e opinións . Só pretendemos
reflectir a diversidade e complexidade do mundo islámico a través
das súas mulleres.
Un mundo no que moitas traballan por atopar a súa propia maneira
de conseguir un nivel aceptable de democracia.
|