Aquí entramos todos e todas

Hai xa bastantes anos que o noso centro conta con aulas específicas para escolarizar a alumnado con necesidades educativas específicas. Consideramos un privilexio que podamos convivir cos que se considera "diferentes"... grazas  a esa convivencia  aprendemos a valorar esas diferenzas como o que son, a riqueza do ser humano, aprendemos a ser solidarios, comprensivos...

Aquí entramos todos e todas, os de aquí e os de alí, escuros e clariños, altos e baixos, calados e faladores. Entre todos e todas, tal e como aprendemos a convivir na escola aprenderemos a convivir fóra dela.

É por isto que dende o departamento de Orientación imos tentar suscitar o debate que ha desembocar na elaboración do noso Plan de Atención á Diversidade e ao Plan de Convivencia, un plan para a inclusión, a solidariedade, a paz e o diálogo.


Unha escola sen barreiras

As aulas de educación específica e as de Audición e Linguaxe do colexio agrúpanse na Casiña, a antiga casa do conserxe do centro, hoxendía habilitada para estas funcións. Conta a casiña cun material educativo especial, mobiliario adaptado, un baño con equipamento para distintas discapacidades e o despacho da Orientadora do centro.

Conta ademáis con importantes recursos humanos, que é o máis importante que ten, dúas logopedas e cinco especialistas en EE, dúas coidadoras, todas baixo a coordinación da Orientadora do colexio. Arestora o máis grave problema é a falla de espazos por mor do aumento do alumnado con NEE, que fai que algunhas das clases de aula específica non se dean na casiña e si noutros espazos non especializados do colexio (biblioteca, salón de actos, aula de interculturalidade...)

Transición á ESO

Como moitos dos nosos alumnos e alumnas de 6º teñen moitas dúbidas sobre o que lles vai pasar o vindeiro curso cando entren no instituto, dende o departamento de orientación elaboramos un pequeno documento que dá resposta a esas preguntas formuladas polos nenos.

Así que se non queres atopar sorpresas na túa entrada no Instituto, preme eiquí e le con atención.

Para os pais e nais tamén temos esta presentación, que lles aclarará tamén moitas dúbidas nesta transición. É o documento que se empregou na reunión de paso á ESO. Premede eiquí para vela.



Páxinas