Axuda a Filipinas

Con motivo da tremenda traxedia ocasionada polo tifón que asolou as illas Filipinas, no noso colexio puxemos en marcha, como noutras ocasións, unha campaña de solidariedade dos nenos e nenas, para que tirando un euro do seu peto (aquí non se trata de que os pais sexan solidarios senón os propios alumnos) puidesen poñer o seu grao de area na axuda dos afectados por esta catastrófica tormenta.

A prensa fíxose eco do acto de entrega á Cruz Vermella de Valdeorras dos cartos recollidos polo alumnado do centro, e aquí vos deixamos  o recorte de prensa da Voz de Galicia do devandito acto.

Con toda a nosa solidariedade para con Filipinas!

Solidariedade con Filipinas

Actividades complementarias

As actividades complementarias son actividades educativas, desenvolvidas en horario escolar, e que teñen como obxectivo incidir en determinados temas de coñecemento do noso entorno, da nosa cultura, de sensibilización e toma de conciencia de determinados valores.

As actividades complementarias, que normalmente se levan adiante no noso centro son o Magosto, O Nadal (co seu festival e participación en festivais de panxoliñas), día da Paz, Entroido, día da árbore, día do libro, semana da prensa, mes das letras galegas, deporte escolar, voz natura, patrullas verdes.

A maiores no colexio levamos adiante un programa de visitas escolares a lugares significativos do noso entorno coa finalidade de coñecer o noso medio basicamente ao remate da escolaridade: fábricas de castañas, cooperativa vitivinícola, centro veterinario, panadería, centro comarcal, correos, biblioteca municipal, central hidroeléctrica... son entre outras moitas os destinos destas visitas de estudio dos nosos alumnos e alumnas.

Actividades extraescolares


As actividades extraescolares están organizadas pola ANPA Calabagueiros, e se realizan en horario extraescolar, tanto na hora do recreo tralo xantar (14:30 a 15:30 h) como en horario de tarde trala saída dos nenos e nenas das clases (17:00 a 18:00 h).


A nosa Web no teu móbil
Código QR
Páxinas