O Comedor escolar
Na actualidade o comedor escolar conta con dous espazos habilitados (un para ensino infantil e nen@s con alerxias alimentarias, e outro para alumn@s de primaria) onde xantan máis de 300 nenos e nenas.
Atenden o comedor unha cociñeira con tres axudantes de cociña, e atenden o servizo e vixiancia do comedor 10 nais colaboradoras.
Os menús os elabora a profesora encargada do comedor, seguindo as consideracións da campaña "5 ao día". Por último, e para garantir unha calidade sanitaria e o equilibrio nutricional dos menús, o servizo de pediatría do centro de Saúde do Barco supervisa e introduce as modificacións pertinentes no menú.
O Comedor edita mensualmente os menús nun folletiño chamado cadernos do comedor, no que, a máis de informar das minutas diarias para complementar na casa a dieta dos seus fillos,dá unhas notas básicas sobre nutrición, hábitos alimentares, alerxias, etc...
O Transporte escolar
Neste momento no colexio funcionan 7 liñas atendidas por 3 empresas, como se explican no cadro adxunto. Todas as liñas de transporte contan con coidadoras que atenden ao alumnado transportado, coidan do seu comportamento na liña do autobús e vixían as subidas e baixadas nas distintas paradas.
| Empresa | Itinerario | Paradas |
| Atvisa | Nº1 Nº2 Nº3 |
Veigamuíños Vilariño, Soulecín, A Proba O Castro, Outarelo, Vilanova, A Cerámica |
| Aupsa | Nº4 Nº5 Nª6 |
Alixo, Raxoá, Millarouso, Coedo Santa Mariña, Cesures, Vales, Arnado, Vilabril, Santigoso Éntoma, Cemiterio, Ucediños |
| Perfecto Núñez | Nº7 | Xagoaza, Tremiñá |
-
Blogues
-
Documentos e Recursos
- Proxecto Educativo de Centro
- Regulamento Réxime Interno
- Programacións ciclo LOE
- Plan de Atención á Diversidade
- Plan Orientación académica e profesional
- Plan de Acollida
- Plan de Convivencia
- Plan TIC
- Plan Xeral Anual 2007-08
- Memoria Curso 2007-08
- Plan Xeral Anual 2008-09
- Memoria Curso 2008-2009
- Plan Xeral Anual 2009-2010
- Memoria Curso 2009-2010
- Plan Xeral Anual 2010-2011
- Memoria Curso 2010-2011
- Plan Xeral Anual 2011-2012
- Recursos informáticos
- Axenda 21 Escolar
- Menús escolares
Enlaces