Actividades do Mes das Letras 2014
Achegamos aquí unha escolma das actividades que realizamos co gallo do mes das letras 2014, adicadas ao poeta de Guitiriz Xosé María Díaz Castro.A lingua nas ondas
Dende o Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua do CEIP CONDESA DE FENOSA, estamos a levar a cabo como cada ano actividades para o fomento do emprego e desfrute da lingua oral, dentro dun contexto educativo e lúdico. Nesta liña, este ano, propomos como actividade “estrela” entre outras moitas que impregnan toda a nosa planificación anual a actividade “A LINGUA NAS ONDAS”. Trátase da realización de catro programas de radio que contan como eixo fundamental a figura homenaxeada este ano nas Letras Galegas o poeta Dn. Xosé María Díaz Castro.Os programas serán presentados polos catro grupos de terceiro ciclo (5ºA, 5ºB, 6ºA e 6ºB) e contarán coa realización de co laboracións nas distintas seccións co alumnado do resto de ciclos dende Educación Infantil, 1º ciclo, 2º ciclo e 3º ciclo de Educación Primaria. Asemade participará o alumnado das aulas específicas plenamente integrado nos seus grupos de referencia.
A emisora local “Radio Voz” emitirá os catro programas de radio gravados polo noso alumnado para toda a súa audiencia, (97.9 FM), dentro do espazo “Fala-redes”, en horario de 10 a 11 (10:15 aprox.)
Obradoiro de Camisetas
Os nenos e nenas de 5º e 6º xa están a preparar as camisetas que lucirán na súa visita á localidade de Arcos de Valdeorras, onde visitarán unha serrería, unha adega, as barreiras de Córgomo, o bosque de ribeira do regato Farelos e os petroglífos de Arcos.Aquí vos deixamos un pequeno documento onde poderedes ver como se elaboraron as camisetas.
Obradoiro de estampado de camisetas
Iº Certame de logotipos "Mochilas pola lingua"

Durante o mes de febreiro o ENDL
convocamos a realización dun concurso de deseño
dun logotipo para a actividade de "Mochilas pola Lingua".
"Mochilas pola Lingua"" está dirixida ao
alumnado do
terceiro ciclo, a realizar co gallo do mes das letras galegas, e que
consistirá na visita a pé a unha
localidade da contorna
(este ano será Arcos), para alí, departindo cos
veciños, poderse achegar ao rico patrimonio cultural,
histórico e lingüístico
da nosa comarca.
Como
xeito de identificación ocorréusenos estampar
unhas
camisetas nós mesmos no colexio, e para iso convocamos o
concurso. Habilitamos un espazo nun dos corredores do colexio e
alí se colocaron os deseños que se presentaron ao
certame. De todos eles escollemos o de Víctor
González
Escuredo, de 6ºA, que fixo unha composición onde
unha bota
de camiñante sobre a contorna dun mapa de Galicia, bota a
lingua
fóra polo cansazo mentres a bandeira da nosa terra a coroa.
Noraboa a Víctor e a tod@s @s participantes.
Videoconferencia do día da ciencia en galego
Con motivo da celebración do IV Día da Ciencia en Galego, o martes 12 de novembro entre as 10:30 e as 11:30 o alumnado de 3º ciclo (5º e 6º) de Primaria participou nunha videoconferencias vía web, na que unha destacada investigadora galega da Universidade de Santiago de Compostela Marilar Aleixandre (Doutora en Bioloxía. Catedrática de Ciencias Naturais de Ensino Medio. Catedrática de Didáctica das Ciencias na USC. Autora dunha extensa e premiada obra narrativa e poética), achegou o seu proxecto científico sobre os insectos, mediante unha presentación titulada “Benqueridos insectos”. Ademais de seguir a videoconferencia, poidemos interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo. Experiencia novidosa que resultou positiva e motivadora para todo o alumnado e profesorado participante.
Engadimos a presentación empregada pola autora para que poidades revisala con calma.
Túnel do Terror
Co motivo da festa do Samaín, entre outras moitas actividades, o 30 de outubro rematamos cunha nova actividade titulada “O tunel do terror”.
Coordinado e organizado polo Equipo de Normalización e realizado polo profesorado e alumnado de 6º curso de E.P., consistiu no acondicionamento do corredor de 3º curso, como Túnel do Terror, para que o alumnado de 1º, 2º e 3º ciclo que así o desexase, poidera pasar un momento de medo controlado ao mesmo tempo que disfrutar dunha actividade grupal feita e organizada por eles e para eles. s semanas, O alumnado de 6º curso, xunto co profesorado titor, máis algúns membros do Equipo de Normalización, nos reunimos a fin de organizar o que sería a posta en escea deste terrorífico tunel. Se vestiron de persoaxes de terror e interpretaron o seu papel polo túnel, tentando asus tar ao alumnado participante, sen excesos.
Queremos agradecer aos nenos de 6ºA e 6ºB a súa implicación e participación, así como a todo o profesorado e alumnado que visitou a actividade por respectar as quendas de paso e coidar porque todo transcurira con normalidade.
Agardamos que o vindeiro ano os próximos alumnos/as de 6º organicen un “Tunel do Terror” verdadeiramente “terrorífico”!!!!!
Facendo ciencia en galego
Un ano máis celebramos o día da ciencia en galego, xornada para aprendermos na nosa lingua en materias, que dende a asministración educativa nos dicen que non son aptas para ser ensinadas no noso idioma... e vaia que si o son!
Así o demostran estes rapaces e rapazas que, coa axuda do Kamishibai, un teatriño xaponés, nos explican uns moi interesantes experimentos.Proxecto lingüístico de centro
Este ano as actividades de normalización lingüística do noso centro, como todos os anteriores, van estar enmarcadas nas liñas que marca o noso proxecto lingüístico de centro, que é a concreción anual do proxecto sociolingüístico.Para que poidades consultar este documento, aquí volo deixamos.
Proxecto lingüístico de centro
O noso lipdub da lingua
Acabamos de rematar a gravación dun lipdub sobre a nosa lingua e a paisaxe, baseado na música do Tren de Andrés do Barro. A verdade é que non nos van dar un Oscar nin un Goya pola nosa obra, pero nós estamos verdadeiramente contentos co resultado, aínda que habería que chamarlle máis vídeo musical que lipdub... na próxima vez que nos metamos a un proxecto deste tipo seguro que cometemos menos erros.
Temos que agradecer a colaboración de Ricardo Pérez Saburido coa cámara e de Román, Mario, Miki e Óscar na parte musical. Tamén, como non podía ser doutro xeito, de toda a comunidade escolar que colaborou dun xeito sensacional.
Con este vídeo, a parte de reivindicar o noso idioma, damos por rematado o proxecto documental sobre os elementos da paisaxe no que estivemos a traballar neste ano, e que saen representados no vídeo.
E seguindo co idioma, deixámovos aquí o baile do Galego Style, na versión dos alumnos e alumnas de 5ºA no festival conxunto dos centros educativos públicos do Barco co gallo das letras galegas 2013.
Actividades para o mes das letras
Dende o ENL propoñemos unha serie de actividades sobre a figura do homenaxeado nesta edición da festa do idioma, Roberto Vidal Bolaño, que poden servir para complementar as actividades de aula.
Deixamos aquí colgadas algunhas das iniciativas que estivo a desenvolver distintos grupos do colexio.
Cartaz unitario dos centros públicos do Barco no que se reflicten distintas visións de Roberto Vidal Bolaño realizado polos alumnos e alumnas do concello.

Biografía de Vidal Bolaño en linguaxe pictográfica realizada polo equipo de orientación do centro, un prezi e máis unha procura do tesouro que nos chegan dende a Biblioteca Escolar, unha biografía en cómic do autor realizada polo alumnado de 6º e, en breve, a nova edición de Trágame Terra e un agasallo audiovisual do que aínda non imos dar moitas pistas.

Trágame Terra
Como tódolos anos estivemos a elaborar a nosa revista e, a parte da edición en papel, este ano queremos que se poida ler tamén na rede, así que velaquí tedes o resultado do traballo deste ano.
Polo de agora non van todas as páxinas, xa que nos faltan aínda un par de páxinas por elaborar, pero isto é un adianto que xa completaremos en canto poidamos.
Que vai supoñer o decreto
A coordinadora dos ENDL ven de publicar este documento que reflicte como vai afectar o decreto do plurilingüísmo ás dinámicas normalizadoras do noso idioma. Estaría moi ben que lle botásedes unha ollada, xa que en moitos casos descoñecemos que vai supor realmente a súa aplicación nas aulas.Orgullos@s do galego
A Coordinadora de ENDL lanza a campaña "orgullos@s do noso, orgullos@s do galego", á que nós queremos prestar o noso apoio.Comezamos inserindo este vídeo.
Para que serve o noso idioma?
Desfrutade desta presentación.
Ramón Piñeiro
@s alumn@s de sexto curso do cole, como todos os anos fixeron unha banda deseñada coa biografía do autor homenaxeado este ano nas letras galegas.Botádelle unha ollada, paga a pena.
Unha Terra, un pobo, unha fala...
Xa vai para 14 cursos escolares que o ENL forma parte da vida do colexio. Dende uns principios nos que houbo que loitar contra ideas anticuadas, que distorsionaban a realidade e facían ver o proceso normalizador coma un problema, e non a solución a un problema (que é do que realmente se trata).Nestes 14 cursos o ENL veuse convertindo nun verdadeiro dinamizador do colexio, propoñendo multitude de actividades, e, máis importante se cadra, acadando que todas as actividades que se fan no centro teñan a impronta da normalización lingüística.
Non embargantes son moitos os problemas que arrastra o proceso normalizador no colexio, e, así no curso pasado (07-08) puxémonos a elaborar distintos documentos que guiasen o noso traballo, como son:
Proxecto socio lingüístico de centro
Proxecto Lingüístico de Centro 12/13
Os nosos proxectos
Algúns dos proxectos nos que temos traballado nestes anos son:Recollida de Recetas da Castaña
Edición dun libro de contos contra os incendios forestais
O autobús da lingua
As fotos dos avós
Recollida de lendas
Exposición de obxectos antigos
Semana das letras galegas
Diaporamas de lendas galegas
Teatro, declamación de poemas
Radio Quilovatio
Etc ....
Publicacións
Podes consultar aquí as publicacións feitas polo ENDL cos traballos dos alumnos e alumnas do noso colexio:Traballos de Nadal
Entre todos podemos facer que sempre sexa primavera
Trágame Terra (Letras galegas 2008)
Recursos
Libro Interactivo Multimedia con actividades sobre a biografía de Xosé María Díaz CastroLibro Interactivo Multimedia con actividades sobre a biografía de Roberto Vidal Bolaño
Libro Interactivo Multimedia con actividades sobre a biografía de Valentín Paz Andrade
Libro Interactivo Multimedia con actividades sobre a biografía de Lois Pereiro
Libro Interactivo Multimedia con actividades sobre a biografía de Uxío Novoneyra
Libro Interactivo Multimedia con actividades sobre a biografía de Xosé María Álvarez Blázquez.

-
Os nosos Blogues

- Blogue da Biblioteca
- Blogue do depto. de orientación
- Blogue do proxecto abalar
- Blogue de PROA
- Blogue da profe Cris
- Blogue da profe Merce
- Blogue da aula de música
- Blogue da profe Conchi
- Blogue
do profe Luis
- Blogue da aula de Carmela
- Blogue da aula de Elisa
- Blogue da aula de Patricia
- Blogue da aula de Rosa e Auri
- Blogue de Chelo e Marién
- Blogue de
Inglés
- Blogue: Lusofonía en Valdeorras
- Blogue ANPA
-
Documentos e Recursos
- Proxecto Educativo de Centro
- Regulamento Réxime Interno
- Programacións ciclo LOE
- Plan de Atención á Diversidade
- Plan Orientación académica e profesional
- Plan de Acollida
- Plan de Convivencia
- Plan TIC
- Memoria Curso 2013-2014
- Plan Xeral Anual 2013-2014
- Recursos informáticos
- Axenda 21 Escolar
- Menús escolares
- Libros de Texto 2014-15
Enlaces