Posts belonging to Category CONMEMORACIÓNS



III CERTAME DE RELATO CURTO E ILUSTRACIÓN

Queremos dar a grazas a todo o alumnado pola numerosa participación deste ano. Parabéns a todos polas historias e debuxos tan logrados!

IMG-20171011-WA0001 IMG-20171011-WA0002

08.CIMG6275

02.CIMG6212 05.CIMG621606.CIMG6217 07.CIMG6273

Presentación dos finalistas seleccionados e premiados en cada categoría: enlaces)

EDUCACIÓN INFANTIL E 1º DE PRIMARIA

PREMIOS DE ILUSTRACIÓN from Educación Infantil on Vimeo.

2º, 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA

PREMIOS RELATOS CURTOS from Educación Infantil on Vimeo.

ENTREGA DE PREMIOS

Entrega de premios SAMAIN 17 from Estudios Fervelliño on Vimeo.

SAMAÍN 2017

IMG_2066

Xa é tradición unir esta festa ao día das Bibliotecas Escolares polo que durante a derradeira semana de outubro a Biblioteca está que ferve con diversas actividades: Exposición temáctica de libros de medo, Certames de ilustración e relatos curtos, gravación dun adioconto…

Unha das datas máis esperadas do noso alumnado foi o martes 31 e arrancou este ano con unha nova estrea do audioconto BÓLA DE MANTEIGA, interpretado para a ocasión polo alumnado de 2ºA e B de primaria.

IMG_5707

CIMG6240

 

CIMG6203

Así aconteceu a xornada do 31, comezando no Salón de actos coa proxeción de Bóla de Manteiga, seguido polo prendido das cabazas e rematado no patio con degustación de castañas e baile de disfraces!

Agardamos que vos guste moito, foi unha festa monstruosa e moi gustosa!!!

PALABRAS ENGAIOLANTES

Traballo ilustrado polo alumnado de 4º de primaria dentro das actividades propostas para a conmemoración do Día das Letras.

Fermoso! Emocionante! Engaiolante!

Palabras engaiolantes from Estudios Fervelliño on Vimeo.

SEMANA DO LIBRO

Este ano tivemos que trasladar esta conmemoración ás dúas primeiras semanas de maio pois coincidiu coas datas previstas da Semana da Froita tamén celebrada no centro. As actividades agrupáronse en tres fundamentalmente:

  • EXPOSICIÓN DE LIBROS XIGANTES. Corredores e escaleiras adornados con estes libros de produción propia para lembrar ao alumnado a celebración que estaba a acontecer.
  • MERCADIÑO DE LIBROS. Actividade de intercambio de libros entre o alumnado. Organizáronse días para deixar o depósito (un libro por alumno), recollida do “Vale” e trocar o vale por un libro do dépósito. Entre o depósito e o troco o alumnado puido ollar os exemplares que estiveron expostos na Biblioteca.
  • PUNTOS DE INTERCAMBIO. Ubicados polo patio caixons con libros esta semana a Biblioteca saiu ao aire libre. Voluntarios e axudantes exerceron de padriños lectores para os máis pequenos.