Celebramos o día da discapacidade
Martes, 13 de Diciembre de 2011
Para celebrar o día internacional da discapacidade; 3 de Decembro, entregamos na nosa aula hospitalaria a tódolos nenos e nenas hospitalizados uns contos: “Silvina Bailarina; Nacho Pista Tenista”, que edita a Fundación Antena 3 dentro da colección “Cuentos por la Integración”’. O conto incluie dúas historias: a de Silvina e a de Nacho.
Silvina é unha nena con Síndrome de Down que baila e soña con subirse aos escenarios xunto a Pati, a súa mellor amiga. Nacho é un neno con espina bífida, o seu soño é participar nos Xogos Paralímpicos e disfruta cada día coas matemáticas, os xelados de chocolate e os libros de contos.
A través destas historias tentamos que os nenos e nenas sen discapacidade comprendan as dificultades dos que as padecen.