Aula Pontevedra

O HOSPITAL

Especialidades coas que conta o hospital son: medicina interna, oncoloxía, coidados paliativos, xinecoloxía, pediatría.

Zona de influencia: Pontevedra centro, Marín, Bueu, Caldas de Reis, Moraña, Cuntis, Barro, Cotobade, Pontecaldelas, A Lama, Poio, Sanxenxo, O Grove.

SITUACIÓN

Situada na entrada do Servizo de Pediatría.

ORGANIZACIÓN

Está formada por dous espazos duns oito metros cadrados, divididos por unha porta. Conta cun baño e dúas fiestras.
Dotación: cadeiras, armario, encerado, catro ordenadores portátiles, impresora, escáner. Todo tipo de material funxible.
Cóntase cunha  biblioteca (200 libros), libros de texto dende infantil a ESO.

PROFESORADO

É atendida por unha profesora.

ACTIVIDADES

Todo o tipo de actividades que se desenvolven nunha aula ordinaria.

METODOLOXÍA

Motivadora, integradora, lúdica.

COORDINACIÓN

Establécese coordinación coas familias diariamente dende o momento do ingreso. Cos centros educativos a través das familias no primeiro momento e despois a través do titor.