Aula Santiago (Conxo)
| O HOSPITAL |
O Hospital Psiquiátrico de Conxo está situado no barrio do mesmo nome, Conxo, preto do Hospital Provincial. Este Hospital pertenceu á Diputación Provincial de A Coruña ata o 1 de xaneiro de 1.993,data na que foi transferido ao Servizo Galego de Saúde (Decreto 373/1992, de 17 de decembro).
| SITUACIÓN |
A aula principal da escola permanente de adultos do Hospital Psiquiátrico de Conxo está ubicada na planta baixa dunha das dependencias deste Hospital. Neste edificio están, ademáis das unidades onde residen a maioría dos pacientes, a Capela, a cafetería, o servicio de limpeza, a perruquería, o podólogo, fisioterapia e o ximnasio.
A Escola comparte outras dependencias,, dotadas de material específico (TV, video e recursos informáticos) con outros profesionais do Hospital (fisioterapeuta e terapeutas ocupacionais) e un voluntario.
Na aula existen dúas zonas diferenciadas, unha central na que a colocación das mesas permite que todos nos vexamos (formando circulo) e outra na que están os ordenadores.
A aula principal está dotada dos recursos necesarios para dar a resposta educativa adaptada ás necesidades e intereses do alumnado, sendo a diversidade a característica principal. Así desde os recursos das TIC, biblioteca, xogos, puzzles, material específico da ONCE…etc., ata material seleccionado e/ou elaborado especificamente para a maioría do alumnado.
| PROFESORADO |
A docencia directa é impartida nos once grupos pola mestra (directora da aula) coa que colaboran, non a tempo total, o voluntariado da USC.
Igualmente, contase con alumnado de Pedagoxía, Psicopeagoxía e Educación Social que realiza o Practicum
| ACTIVIDADES |
Realízanse diferentes tipos de actividades, unhas que poderíamos denominar tradicionalmente máis“académicas” e que dependen fundamentalmente do nivel acadado do alumnado (dende alumnado que non ten adquiridas as aprendizaxes básicas, ata alumnado que ten unha titulación universitaria) e, outras comúns, máis relacionadas coas competencias persoais e dirixidas a desenvolver habilidades sociais, capacidades cognitivas, a elevar a autoestima e o autoconcepto, a saber expresar axeitadamente os sentimentos e emocións, a potenciar estratexias para organizar o tempo de ocio, estar ao día nas noticias diarias, ter contacto cos seus amigos e familias a traves das TIC, etc.
En xeral, actividades que, partindo das súas vivencias, intereses e destrezas potencien un desenvolvemento maior das competencias básicas imprescindibles para adaptarse e participar, dun xeito máis activo e con maior eficacia, na vida diaria.
| METODOLOXÍA |
Pártese sempre da situación actual do alumnado e do grupo, tomando decisións adaptándonos en cada momento á diversidade do alumnado, circunstancia que precisa dunha practica reflexiva e coherente segundo o momento.-
O que se pretende é potenciar unha construción persoal de cada alumno na que a axuda do profesional educativo sexa a de mediador e facilitador das aprendizaxes.
A metodoloxía ten en conta criterios como os que figuran de seguido: globalización, personalizados, participativos, significativos, motivadores, socializadores e flexibles..
Así os temas están sempre relacionados coas vivencias, situacións actuais, noticias do seu interese, etc. o que lles permitirá transferir as aprendizaxes da aula aos diferentes contextos e situacións. Deste xeito, o acercamento cara as súas vivencias, experiencias, intereses e destrezas, así como a súa participación activa son claves de ditos aprendizaxes. O “aprender xuntos” e a implicación de cada alumno na súa “propia aprendizaxe” favorece o que “aprendan a aprender”, obxectivo que se persegue en todo o proceso.
| COORDINACIÓN |
Dado o contexto existe unha coordinación coas diferentes unidades de procedencia do alumnado sendo, nalgún caso, o contacto diario.
Elaborouse un protocolo cos datos imprescindibles para un maior coñecemento do alumnado, antes da súa incorporación á Escola.