Atención domiciliaria
Reciben atención domiciliaria aqueles nenos e nenas que, unha vez dados de alta no centro hospitalario, deben permanecer no seus domicilios un tempo máis ou menos prolongado por padecer unha enfermidade crónica ou aguda, que lles imposibilita asistir ao centro educativo.
Trátase de dar continuidade ao proceso formativo do alumno ou alumna todo o período que pasa lonxe do seu centro de orixe a causa dunha enfermidade e posterior convalecencia. Este período que as veces prolóngase varios meses terá diferente intervención dependendo da duración da convalecencia.
Os obxectivos principais da atención domiciliaria poden resumirse nos seguintes:
- Evitar os posibles retrasos escolares e a sensación de fracaso que aparece nos nenos e nenas que durante un período de tempo vense obrigados a permanecer nos seus fogares.
- Aliviar os períodos de ansiedade ou problemas afectivos que aparecen durante o transcurso da enfermidade.
- Mellorar a súa calidade de vida.
- Facilitar a súa posterior integración ao grupo-clase, coa volta á normalidade escolar no seu centro de orixe.
A relación co centro de orixe do neno que recibe a atención domiciliaria a de ser continua, xa que a información recibida do titor, orientador do centro será de vital importancia para desenvolver correctamente esta actividade por parte do profesor a domicilio. Así, os centros de referencia destes alumnos e alumnas elaborarán un plan de traballo individualizado, a partir do proxecto curricular do centro, onde se terán en conta as necesidades especiais determinadas pola enfermidades destes alumnos.
A elaboración e seguimento deste proxecto levarano a cabo entre o titor e os profesores da atención hospitalaria e domiciliaria, contando co apoio do equipo de orientación.