Celebramos o día do libro
Miércoles, 25 de Abril de 2012
Para celebrar o día do libro realizamos tres actividades coa pretensión de conseguir que os nosos alumnos lean máis:
1.- Contacontos a cargo de Esther Movilla a traves dunha actividade da concellaría de Educación do concello de Ourense .
2.- Presentación dun conto infantil elaborado no noso hospital polo equipo da escola e de cirurxía pediátrica e con ilustracións da pintora ourensana Maite Vázquez. 
3.- Agasallamos ao noso alumnado cun libro de contos, un marcapáxinas e unha priruleta, obsequio da Fundación Antena 3. 