Actividades (14)

MOTIVACIÓN PARA SEMANA SANTA 2012

Dende Grupos Divino Maestro (GDM), preparamos un VIA CRUCIS para motivar a todo o Colexio, incluídas as Familias que puideron pasar por aquí.

Aínda que nos levou bastante traballo pasámolo estupendamente, mirade algunhas Fotos da Actividade

 

 

 

 

VIA CRUCIS - GDM 2012

Próximos xa a vivir como cristiáns a Semana Santa, queremos invitarvos a que participedes connosco no Vía Crucis que realizaremos o venres 30 ás 12:40 preparado con moito agarimo por todos os membros dos Grupos Divino Maestro (GDM). 
Animámosvos a compartir comnosco este momento de oración no que intentaremos "acompañar" a Xesús o "Divino Maestro" que nos demostra o seu amor incondicional.

GDM - Actividade de Inicio de Curso

Os Grupos Divino Maestro comezan o curso realizando unha auténtica "CONEXIÓN"
 
Pulsa sobre a imaxe para ver o documento 

VÍA CRUCIS

Durante os días previos a Semana Santa quixémonos preparar e percorrer o camiño que fixo Jesús xunto a El. Por elo, dende os G.D.M. escenificamos un Vía Crucis cheo de simboloxía onde os feitos de onte, relatados nos Evanxeos, e os feitos da vida cotidiá de cada un de nós fosen un. Tódolos alumnos e alumnas do noso Colexio e algúns pais foron testemuñas duns momentos que estiveron cheos de respecto, emoción, recollemento e oración. Dende estas liñas queremos agradecervos a todos os nenos que fixéstedes posible a realización deste Vía Crucis e a tódalas persoas que con gran respecto asistístedes ao mesmo a vosa colaboración.

¡Felicidades!

Imaxes do Vía Crucis

Distribuir contido