Os fundadores (2)

Os Fundadores

Francisco Blanco NájeraFrancisco Blánco Nájera

Nace en Logroño o 24 de maio de 1889. Os seus pais Eduardo Blanco e Patricia Nájera. Francisco é un neno alegre, traveso, con grandes dotes para a música.Ós 13 anos ingresa no Seminario, o 20 de decembro de 1927 é Ordenado Sacerdote. O 12 de novembro de 1944 é Consagrado Obispo de Ourense. Francisco foi un home coherente na súa vida, tiña un amor especial polos máis pobres e necesitados e o seu desexo era axudar para que nestes a semente do Evanxelio crecese e dese froito abundante. Morreu o 15 de xaneiro de 1952.Xunto coa Madre Soledad de la Cruz fundou as “RR. Misioneras del Divino Maestro”, as cales hoxe a través dos Colexios “Divino Maestro” fan presente o seu ideal por todo o mundo, “levar a luz da verdade e o lume do seu amor á mente e ó corazón de todos os homes” a través da Educación. (+Info)

Madre Soledad de la Cruz Madre Soledad de la Cruz

Nace en Zamora o día 1 de febreiro de 1904.Crece á calor do amor dos seus pais Manuel e Paula.Soledad é unha nena ampla, sinxela, estudosa, alegre, delicada… Ós 16 anos sente o desexo de ser Relixiosa e non dubida en dar este paso, ingresa coas RR. Escolapias. En 1941 coñece a Francisco Blanco Nájera, un tempo despois proponlle: -“Padre, ¿por que non facemos unha fundación para rapaces pobres?”. O día 7 de Decembro de 1944 este soño faise realidade. Morre en Madrid o 28 de Novembro de 1965. (+Info)

Libro de Madre Soledad -> Ir

Distribuir contido