Actividades
MOTIVACIÓN PARA SEMANA SANTA 2012
Dende Grupos Divino Maestro (GDM), preparamos un VIA CRUCIS para motivar a todo o Colexio, incluídas as Familias que puideron pasar por aquí.
Aínda que nos levou bastante traballo pasámolo estupendamente, mirade algunhas Fotos da Actividade
VIA CRUCIS - GDM 2012
VÍA CRUCIS
Durante os días previos a Semana Santa quixémonos preparar
e percorrer o camiño que fixo Jesús xunto a El. Por elo, dende os G.D.M. escenificamos un Vía Crucis cheo de simboloxía onde os feitos de onte, relatados nos Evanxeos, e os feitos da vida cotidiá de cada un de nós fosen un. Tódolos alumnos e alumnas do noso Colexio e algúns pais foron testemuñas duns momentos que estiveron cheos de respecto, emoción, recollemento e oración. Dende estas liñas queremos agradecervos a todos os nenos que fixéstedes posible a realización deste Vía Crucis e a tódalas persoas que con gran respecto asistístedes ao mesmo a vosa colaboración.
¡Felicidades!
Imaxes do Vía Crucis

