Escolares (167)
FESTIVAL FIN DE CURSO 2012
O día 21 de Xuño celebramos o Festival Fin de Curso para os alumnos pola mañá e para os pais ás 19.00 horas. Aquí tedes o tríptico con máis información
DÍA DA ÁRBORE 2012
Nesta iniciativa participaron 50 alumn@s do noso Centro, acompañados polos seus profesores. Entre todos plantamos unha árbore na Alamada da Cidade e descubrimos unha Placa conmemorativa, ademáis lemos uns manifestos creados para a ocasión.
Durante esta xornada na que saímos das clases, ademáis de divertirnos, aprendemos moitas cousas relacionadas con esta celebración e coa importancia de coidar o medio ambiente. Recorte de Prensa
ENTROIDO 2012
Aquí queda o Díptico sobre o Entrodio para este ano. Esperamos que vos guste
Xa temos algunhas imaxes da Festa de Entroido celebrada o venres 17 de febreiro a modo de comparsa sobre Xogos Colaborativos polos arredores do Colexio -> Ir a Galería. En total estabamos uns 370 participantes, foi toda unha Festa.
MANIFESTO DA PAZ 2012
Xa celebramos o Día da Paz, pasámolo de maravilla. Todas as Clases participaron con Carteis, Lemas, Poesías... Unha mostra das fotos
podemos velas na Galería no Dia da Paz. Ademáis deixamos un video da ledicia coa que volvían da Celebración algúns alumnos da ESO.

