Complementarias (76)

GAÑADORES V CERTAMEN DE ILUSTRACIÓN CONTOS E NARRACIÓN CURTA

Este ano participamos no V CERTAME DE ILUSTRACIÓN DE CONTOS E NARRACCIÓN CURTA do Concello de Ourense, e recibimos 4 Premios deste Concurso. Mirade mirade

CANCIÓN MISIONEIRA 2012

Un ano máis, como é tradición, celébrase o 34 Festival Infantil da Canción Misionera de Ourense no Auditorio Municipal, este ano será o domingo 25 de marzo, reunindo a centenares de nenos e mozos que unen as súas voces para cantar á Misión.
Este ano participamos coa canción:
Título: Eu non vivo soa!
Letra: Patricia Borrajo e Mª José Díaz
Música: Mª José Díaz e Mª Teresa Rodríguez
Canta: CODIMA & KONTRAPUNTO

O Xurado otorgounos o PREMIO A MELLOR INTERPRETACIÓN 

Deixamos algunhas imaxes do festival e un vídeo da actuación en directo

 

 

MERENDAS SAÚDABLES

O día 24 de marzo, os pais dos alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria desplazáronse para escoitar a charla da profesora e nutricionista Julia de la Montaña abriu onte a xornada lúdico-formativa para nenos e adultos dentro do programa Merendas Saudables.

1ª Xornada Fase Previa Bádminton Escolar

Participantes 1ª Xornada Fase Previa Bádminton Escolar celebrada o venres 23 de marzo no Pavillón do IES As Lagoas. Aquí vos deixo tamén os Resultados da 1ª Xornada

 

1ª Xornada Escolar XOGADE

O Sabado, 24 de Marzo de 2.012, terá lugar en Monterrei, nas Pistas "Josefina Salgado" a

1ª XORNADA INTERZONAL DE ATLETISMO ESCOLAR XOGADE

Os horarios das distintas probas son -> Horarios
A información completa atópase na Federación Galega de Atletismo, Delegación de Ourense -> Ir

EFICIENTIC - SAÍDA 2º e 3º ESO

O día 26 de xaneiro os alumnos de 2º e 3º de ESO fixemos unha saída a Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI), onde pasamos unha mañá aprendendo e participando en diversos Talleres, aquí deixamos algunhas imaxes... Esperamos que vos guste.

As xornadas concentran diferentes charlas e obradoiros, a través dos cales o estudantes coñecerán o nivel de contaminación dos seus trebellos tecnolóxicos e tamén como utilizalos para aforrar e ser máis eficientes enerxeticamente falando.
Un Scalextric que funciona coa enerxía xerada polos propios estudantes ao dar pedaladas nunha bicicleta, unha radio que funciona coa enerxía xerada por unha soa candea, pantallas que se apagan cando non hai ninguén diante e volven funcionar cando "ven" unha cara... con múltiples exemplos prácticos, búscase xerar curiosidade e conciencia sobre os consumos dos aparellos electrónicos e as alternativas para seren máis eficientes.
As tres entidades, CITEXVI, EnergyLab e Gradiant, organizan nestes primeiros meses do ano, unha serie de obradoiros centradas na tecnoloxía e na eficiencia enerxética.
Estas actividades desenvólvense no propio edificio CITEXVI, inaugurado este verán por Cristina Garmendia (ex ministra de Ciencia e Innovación) e o presidente da Xunta de Galicia Núñez Feijoó e que conta con múltiples espazos para a organización deste tipo de xornadas. Nas súas instalacións están establecidos, entre outros, Gradiant e EnergyLab, dous centros punteiros en cadansúas especialidades que, desta volta, se unen para ofrecer unha actividade de divulgación dirixida a fomentar o uso eficiente e responsable da tecnoloxía.
Estas xornadas, que están cofinanciadas pola FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología) supoñen a primeira actividade de divulgación científica organizada en colaboración por entidades aloxadas no edificio CITEXVI. 

FEIRA DE CIENCIAS 2011

ESTIMADOS PAIS:
O colexio quere organizar unha FEIRA DE CIENCIAS entre o 23 e o 27 de maio, onde pais e estudantes participen mostrando os seus experimentos e proxectos, e pedímoslles a vostedes o seu apoio a esta valiosa experiencia.

Deixamos aquí o Díptico Informativo da Feira -> Díptico

Para facilitar a tarefa imos deixar algunhas ideas:

Libro con 100 Experimentos de Física e Química -> Descargar pdf -> Ver Online

Manual do Estudiante para unha Feira de Ciencias -> Descargar pdf -> Ver Online

Manual para Pais - Proxecto de Ciencias -> Descargar pdf -> Ver Online

CANCIÓN MISIONEIRA 2011

O domingo 3 de abril celebrouse no marco do AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE o 33 Festival Infantil da Canción Misiioneira, no que o grupo de Carmelitas, Xermolara e 'Voces Blancas' da Purísima gañaron o primeiro, segundo e terceiro premio, respectivamente. Aquí está o Album de fotos.

O noso Centro obtivo o PREMIO Á MELLOR INTERPRETACIÓN participando co Grupo CODIMA & KONTRAPUNTO.
Letra e Música da Canción: Mª Teresa Rodríguez Vázquez e  Mateo López Robles.
Distribuir contido