Complementarias (76)

ENTROIDO 2011. O BOSQUE

Disfrutamos un ano máis o Entroido, este ano baixo a temática do Bosque, ao que está adicado este ano 2011 (Ano Internacional dos Bosques). A verdade e que todos os nenos portáronse de maravilla e traían uns traxes estupendos. Déixovos algunhas fotos do acontecemento. Non perdades detalle.

 

 

CAMPIONATO DE FÚTBOL SALA

O próximo mes de febreiro terá lugar no Colexio un campionato de Fútbol Sala:

Horario: 10.30 a 13.30 horas e 15.30 a 19.00 horas

Inscripcións: Cafetería Factoría e Recepción do Colexio

Data límite de Inscripción: 11 de Febreiro de 2011

19 de Febreiro: Categoría Infantil -> Horarios da Competición

20 de Febreiro: Categoría Absoluta -> Horarios da Competición

CONCURSO POSTAIS DE NADAL - ANPAS Ourense

Un ano máis os alumnos do noso centro participaron no Concurso de Postais de Nadal organizado pola Federación de ANPAS de Ourense.

Este ano debemos dar a nosa máis sincera NORABOABEATRIZ VERGARA ESPINOSA, alumna de 6º de Educación Infantil (5 anos) que foi unha das gañadoras deste concurso, aquí vos deixamos algunhas fotos do evento na que parece que o pasaron de maravilla.

 

 

ENTREGA PREMIO DO DEPORTE GALEGO: MELLOR CENTRO EDUCATIVO 2009

A Xunta entregou na Gala do Deporte, 22 de abril de 2010, o premio ao Mellor Centro Educativo na Promoción do Deporte en Idade Escolar: CPR DIVINO MAESTRO de Ourense.

O colexio de Ourense ten no deporte unha referencia como vía de aprendizaxe de valores. As súas escolas son un exemplo dende hai varias décadas e, máis alá dos resultados, os seus responsables teñen amosado que son quen de formar os mozos a través do deporte. 

A Directora Mª Luz Grande Blanco, recolle o premio acompañada polo Xefe de Estudos Fco. Javier Vázquez Fernández e o Coordinador de Educación Primaria Álvaro Cid Bragad.
Foto de Grupo dos Premiados
Pulsa na imaxe para ver aos premiados nesta Gala do Deporte
Para ver sobre a noticia: www.deportegalego.es

PREMIO DO DEPORTE GALEGO: MELLOR CENTRO EDUCATIVO

A Xunta entregará na Gala do Deporte dezaseis Premios a Profesionais, Institucións e Empresas comprometidas coa práctica da actividade física
Os galardóns serán entregados nun acto que se celebrará no centro sociocultural de Caixanova de Vigo o vindeiro 22 de abril.
Mellor centro educativo: Divino Maestro de Ourense. O colexio de Ourense ten no deporte unha referencia como vía de aprendizaxe de valores. As súas escolas son un exemplo dende hai varias décadas e, máis alá dos resultados, os seus responsables teñen amosado que son quen de formar os mozos a través do deporte.

COMEMOS PEIXE NO COLEXIO

O día 2 de marzo de 2010 os alumnos de 6º de Educación Primaria participan nun obradoiro para que os nenos en ourense coman máis peixe. A Televisión de Galicia fíxonos unha visita.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


A Ministra Elena Espinosa, que fora alumna do CPR DIVINO MAESTRO de Ourense, participa con nos neste obradoiro organizado polo FROM e o Ministerio de Medio Ambiente

Para saber máis da noticia podemos seguir este enlace

 

DESPEDIDA 4º ESO 2008/2009

¡Hola, padres y profes! Queríamos invitaros, los alumnos de 4º de la ESO a nuestra divertida fiesta de despedida.

La hora aún no está muy clara, pero os informaremos a través de vuestros hijos...

Habrá comida (por cuenta de las mamásWink)

¡Ya sabéis no debéis faltar! ¡Besos! =*


EXCURSIÓN A BARCELONA 3º E 4º ESO

Entre o 31 de Marzo e o 5 de Abril os alumnos de 2º Ciclo de ESO marcharon a Barcelona para disfrutar de uns días na cidade e os arredores, aproveitando un día en Port Aventura.

O tempo non acompañou moito pero... puido ser peor. Para facernos unha idea de como foi a cousa deixamos aquí alguns vídeos feitos polos alumnos de Plástica de 4º de ESO.

Esperamos que vos gusten


 


 


 

EL PAIS DE LOS ESTUDIANTES

Este ano os alumnos de 4º de ESO, veñen de publicar on-line, un xornal dixital dentro da actividade "El País de los Estudiantes" (http://estudiantes.elpais.es) actividade promovida polo xornal de tirada nacional EL PAIS.

Para ver unha mostra do traballo non hai máis que seguir o enlace e seleccionar o noso centro.

Xornal do CPR DIVINO MAESTRO 

 

CONCERTO FOMENTO DA MÚSICA

Este venres día 13 de Marzo, os alumnos de 4º de ESO organizaron un concerto ca intención de recadar fondos para abaratar costes na excursión de Fin de Curso. O concerto acudiu unha morea de xente, tivo unha acollida estupenda, supernado incluso as mellores expectativas.
Estiveron alguns pais, alumnos e un gran número de afeccionados a musica Heavy.
Para ver alguns dos momentos do concerto so tedes que premer sobre o cartel anunciador.
FOMENTO DA MUSICA 
Aqui queda un Video feito por alumnos de 4º de ESO con algunhas das imaxes:

 
Distribuir contido