Articles

Extraescolares - Sub Categories

DATAS DO INICIO DA TEMPADA 2014/15

Xa se sabe a data de comezo das ligas de Baloncesto para os nosos equipos :

O Alevín Masculino e o Alevín Femenino comezarán esta fin de semana, día 8 de novembro.

O equipo Benxamín Mixto comezará a xogar a próxima fin de semana, día 15 de novembro.

Moita sorte para os nosos equipos.

 

NOVAS NA SECCION DE BALONCESTO

En poucos días dará comezo unha nova tempada de baloncesto. Este ano o noso clube contará por primeira vez,en xa cinco anos de historia,con 3 equipos, un alevín femenino,un alevín masculino e un benxamín mixto.

Despois de vivir unha tempada 2013-14 chea de bos momentos e na que tod@s @s xogadores mostraron unha gran progresión, esta tempada preséntase apaixoante e na que ademais de seguir progresando na aprendizaxe deste deporte, esperamos sentar as bases para que o CLUBE BALONCESTO DEPORDIMA siga crecendo e se poida formar unha estructura deportiva que se manteña no tempo.

Desde esta páxina mantendrémosvos informados cada semán dos resultados obtidos, dunha pequena crónica de cada un e de noticias de especial interés que poidan xurdir.

Animarvos a seguir ós nosos equipos nos distintos partidos que disputen.

David Manzano. 

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2014/2015

Hola Familias,

Poñémos a disposición de todos a oferta de Actividades Extraescolares para o curso 2014/2015, para que de este modo podades planificarvos de cara o vindeiro curso. Esperamos que sexan do voso agrado.


DEFINITIVO: Horario de Actividades Extraescolares

Tarifas das Actividades Extraescolares

Ficha de Inscripción nas Actividades Extraescolares 

EXHIBICIÓN DE XIMANSIA RÍTMICA

O pasado venres 14 de xuño de 2014 os alumnos e alumnas participantes na actividade extraescolar de Ximnasia Rítmica fixeron unha exhibición no ximnasio do Centro.
O estectáculo foi impresionante.

.

BALONCESTO. EQUIPOS COLEXIO

Equipos de Baloncesto do noso centro no torneo disputado a mañá do 18 de maio de 2014 nas instalacións CEIP "PRÁCTICAS". Unha mañá chea de baloncesto e diversión xunto ao profesor David Manzano.

XI TROFEO FEDERACIÓN GALEGA DE TIRO CON ARCO

Noraboa para a alumna Celeste Lodos Rodríguez polos resultados acadados no "XI Trofeo Federación Galega de Tiro con Arco (FGTA) - Xunta de Galicia - Sala", celebrado no Concello de Ares, en A Coruña.

INICIO DA TEMPADA DE BALONCESTO

A próxima fin de semana, 9-10 de novembro, darán comezo as ligas de BALONCESTO. Este ano o noso clube conta cun equipo masculino e un equipo femenino, ambos na categoría Alevín. Despois da extraordinario papel feito polo equipo benxamín a tempada pasada, na que colleitou mais victorias que derrotas, esperamos seguir nesa boa línea este ano. Desexarlle moita sorte aos nosos equipos e que sobre todo disfruten deste fantástico deporte e que se divirtan en cada adestramento e en cada partido.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2013/2014

Hola Familias,

Poñémos a disposición de todos a oferta de Actividades Extraescolares para o curso 2013/2014, para que de este modo podades planificarvos de cara o vindeiro curso. Esperamos que sexan do voso agrado.


Horario de Actividades Extraescolares

Tarifas das Actividades Extraescolares

Ficha de Inscripción nas Actividades Extraescolares 

 

10ª XORNADA LIGA BENXAMÍN E ALEVÍN MIXTO DE BALONCESTO

O noso equipo benxamín logrou a cuarta victoria da temporada, esta vez fronte o equipo de Allariz.

O partido dominámolo de principio a fin, e ademáis conseguimos algo moi importante que todos os nosos xogadores anotaran polo menos unha canasta, incluso os dous máis pequeninños do equipo Lucía de 2º E.P. e Ismael de 1º E.P. que pese a ser posiblemente os dous xogadores máis pequenos de todos os participantes nesta Liga a ilusión non lle gaña ningún, por moitos centímetros que lle leven.

Pola contra o noso equipo alevín caeu derrotado fronte o equipo da Purísima. Aínda que fixeron un moi bo partido, nada puideron facer fronte as "torres" do equipo rival, tres rapaces por encima de 1,70 m.

Quizáis xogaron o mellor partido da tempada ata o de agora pero a diferenza de altura foi decisiva.

9ª XORNADA LIGA BENXAMÍN E ALEVÍN MIXTO DE BALONCESTO

Esta semana o noso equipo benxamín enfrontouse o equipo San José Pabellón e pese ao bo partido realizado colleitaron unha derrota, pero con moi boas sensacións, xa que en moitos momentos do partido fixemos as cousas moi ben tanto en ataque coma en defensa, polo que hai que estar moi orgullosos polo traballo que realizaron os nosos pequenos.

O equipo alevín tamén se enfrontaba ao equipo de San José Pabellón é por desgracia tamén colleitaba unha derrota. Neste partido a diferenza entre ambos equipos foi moi notoria, xa que o conxunto rival conta con varias xogadoras acostumadas a xogar na categoría infantil e o nivel que amosaron foi moi superior ao do noso equipo.