Articles
Extraescolares - Sub Categories
8ª XORNADA LIGAS ALEVÍN E BENXAMÍN MIXTA DE BALONCESTO
Con esta xornada comeza a segunda volta da liga para os nosos equipos.
Facendo un rápido resumo, o equipo benxamín rematou cun balance de 3 victorias e 4 derrotas na 5ª posición, nunha moi meritoria primeira volta na que en cada partido vai a mais e nótase moito a súa melloría.
O equipo alevín ao contar só con cinco xogadores desa categoría e ter que contar cada xornada con moitos xogadores benxamíns ten moi difícil gañar partidos pero tamén cada partido melloran e son capaces de competir cada encontro un pouco mellor pese a diferencia de idade.
O equipo benxamín caeu derrotado polo líder da categoría,EDO 2003, cun resultado moi abultado pero o partido non tivo nada que ver co que se disputou na primeira volta e conseguimos competir dunha forma moi digna todos os cuarto.
O equipo alevín unha vez mais perdía o seu partido esta vez fronte Franciscanas,nun choque no que o equipo rival colleu unha cómoda ventaxa moi pronto e pese a os esforzos dosnosos xogadores non puidemos recortar.
7ª XORNADA LIGAS ALEVÍN E BENXAMÍN MIXTA DE BALONCESTO
Esta xornada saldouse con derrotas para os nosos equipos.
O equipo benxamín perdeu o seu partido fronte o equipo do COB masculino nun encontro no que comezamos moi mal, pero a medida que foron pasando os minutos xogamos moito mellor e fomos capaces de competir e incluso de ganar algún periodo.
O equipo alevín tamén caeu derrotado desta volta contra o equipo de Maceda, que nos derrotou por un marcador mas abultado do que cabía esperar xa que ata este partido non conseguiran gañar ningún partido. A verdade e que o noso equipo non xogou nada ben e viuse superado polo rival en todo momento.
6ª XORNADA LIGAS BENXAMÍN E ALEVÍN MIXTO DE BALONCESTO
Nesta xornada ningún dos nosos equipos logrou a victoria, o parón polas festas do Nadal non sentou demasiado ben ós nosos xogadores , ainda que o esforzo e a loita que puxeron en cada partido e digno de mención.
O equipo alevín caeu derrotado fronte o equipo mixto do colexio Padre Feijoo,composto case todo por rapazas, que por certo, o fan moi ben, xogan moi ben en conxunto e técnicamente están moi ben traballadas. Os nosos xogadores fixeron o que puideron, hai que ter en conta que este equipo tan só ten 4 xogadores alevíns, o resto son rapaces benxamíns que suben cada partido a botarlle unha man ós seus compañeiros, polo que todo o que este equipo fai ten un mérito enorme.
O equipo benxamín despois de tres victorias consecutivas non puido lograr a cuarta e caiu derrotado fronte o equipo do EDO 2004 nun partido no que non estivemos acertados e o rival aproveitouno para lograr unha victoria mais doada do esperado.
5ª XORNADA LIGAS BENXAMÍN E ALEVÍN MIXTO DE BALONCESTO
Nesta 5ª xornada os nosos equipos correron distinta sorte no que ós resultados se refire :
O equipo ALEVÍN colleitou unha ampla derrota fronte o líder da categoría, o equipo do Barco de Valdeorras, Muebles Victoria, que foi moi superior durante todo o encontro. É un equipo con xogadores moi grandes e incluso algún está na selección galega alevín.
Pola contra o equipo BENXAMÍN logrou a terceira victoria consecutiva, desta volta en Xinzo, contra o equipo Eido Empresa Xinzo. O equipo dos nosos cativos foi todo o encontro por diante no marcador mostrando a sua superioridade dende o salto inicial.
4ª XORNADA LIGA BENXAMÍN E ALEVÍN MIXTO DE BALONCESTO
4ª Xornada para os nosos equipos de baloncesto.
Ambos conxuntos disputaron os seus respectivos encontros na casa e fronte o mesmo rival, o equipo Xuventude de Verín.
Na categoría Alevín o equipo visitante mostrouse moi superior durante todo o partido e levouse a victoria con facilidade.
Na categoría Benxamín,os nosos pequenos volveron gañar, e xa van dous partidos seguidos. Grazas ao bo traballo de todos os xogadores do equipo, logrouse unha traballada victoria contra un equipo mellor clasificado co noso.
Despois desta xornada a liga descansará ata o fin de semana do 20 de Xaneiro.
3ª XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS
A pasada semán disputouse a terceira xornada para os nosos equipos de baloncesto con distinta sorte.
O equipo benxamín mixto logrou a primeira victoria da tempada en terras alaricanas fronte o equipo local, por un resultado de 21-60. Partido moi completo o disputado por todos os componentes do equipo, que pouco a pouco vai mellorando nas distintas facetas do xogo.
Por contra, o equipo alevín mixto caeu derrotado no Polideportivo do noso colexio polo equipo da Purísima debido en gran parte a diferencia de altura existente entre os dous conxuntos, con tres rapaces por encima do 1,65 m.
2ª XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS
Esta fin de semana os nosos equipos de baloncesto disputaron a segunda xornada das suas respectivas ligas.
Tanto o equipo benxamín coma o alevín disputaron os seus partidos na casa, no polideportivo do noso colexio, e ambos coxuntos perderon os seus encontros.
O equipo benxamín mixto mellorou con respecto ó primeiro partido pero aínda así o rival mostrouse moi superior e foi quen de gañar o partido con facilidade a partir do terceiro cuarto.
O equipo alevín mixto que na primeira xornada conseguira unha meritoria victoria, esta vez nada puido facer diante dos xogadores do equipo de San José Pabellón,moito mais grandes e algúns con experiencia xa en categoría infantil.
Felicitar ós xogadores dos dous equipos e animalos a que sigan adestrando duro para seguir mellorando, pero sobre todo que sigan disfrutando deste deporte, que ó final é o mais importante.
COMEZO DA TEMPORADA DE BALONCESTO
Esta fin de semana comezou a tempada de baloncesto para os nosos equipos.
O equipo Alevín mixto comezou cunha traballada victoria na pista do Instututo Otero Pedraio fronte o equipo das Franciscanas por un resultado de 36-42.
Foi un partido moi igualado que se decantou para o noso lado nos derradeiros cuartos.
Felicitar a todos os xogadores polo excelente traballo realizado e agradecer aos xogadores da categoría benxamín a súa implicación e participación neste equipo.
O equipo Benxamín mixto non tivo tanta sorte e caeu derrotado contra o equipo E.D.O. 2003. Demasiada diferencia física entre os dous equipos e ademais compre dicir que o noso equipo está formado por moitos xogadores que empezan a xogar este ano.
ENTREGA DA COPA DE CAMPIÓNS DE LIGA.
Os equipos benxamín e alevín do cole acudiron,o 30 de maio ao pavillón dos Remedios, a cerimonia de entrega dos trofeos que lles acredita como campións das súas respectivas ligas.
Entrega ao equipo benxamín
Hugo recibindo a Copa da Liga.
Foto do equipo coa Copa da Liga.
Entrega ao equipo alevín.
Simón recollendo a Copa da Liga.
Foto do equipo coa Copa da Liga.
FÚTBOL SALA
Os equipos do cole remataron a súa participación nas ligas locais de Fútbol Sala acadando uns resultados moi positivos. A continuación publicanse as diferentes clasificacións por categorías.
EQUIPO PREBENXAMÍN
| Equipo | Jugados | Ganados | Empates | Perdidos | Goler Favor | Goles Contra | Puntos |
| ESCOLA FÚTBOL PABELLÓN "B" | 11 | 10 | 1 | 0 | 98 | 9 | 31 |
| ESCOLA FÚTBOL PABELLÓN "A" | 11 | 7 | 2 | 2 | 65 | 28 | 23 |
| MESTRE VIDE | 12 | 6 | 2 | 4 | 29 | 34 | 20 |
| DIVINO MAESTRO | 10 | 3 | 2 | 5 | 31 | 37 | 10 |
| EDO. ANEXA | 9 | 3 | 0 | 6 | 20 | 36 | 9 |
| EDO. ANEXA PROMESAS | 8 | 2 | 0 | 6 | 13 | 32 | 6 |
| LUIS VIVES B | 9 | 0 | 1 | 8 | 8 | 88 | 1 |
| **DESCANSA** | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
EQUIPO BENXAMÍN
| Equipo | Jugados | Ganados | Empates | Perdidos | Goler Favor | Goles Contra | Puntos |
| DIVINO MAESTRO | 10 | 9 | 1 | 0 | 73 | 26 | 28 |
| MESTRE VIDE | 10 | 8 | 0 | 2 | 56 | 20 | 24 |
| LA PURÍSIMA | 10 | 4 | 2 | 4 | 42 | 33 | 14 |
| C.D. FRANCISCANAS | 10 | 3 | 2 | 5 | 28 | 28 | 11 |
| GUILLELME BROWN | 10 | 3 | 1 | 6 | 44 | 51 | 10 |
| LUIS VIVES | 10 | 0 | 0 | 10 | 15 | 100 | 0 |
EQUIPO ALEVÍN
| Equipo | Jugados | Ganados | Empates | Perdidos | Goler Favor | Goles Contra | Puntos |
| DIVINO MAESTRO | 10 | 10 | 0 | 0 | 68 | 16 | 30 |
| CARMELITAS/ACEITES ABRIL "A" | 10 | 7 | 0 | 3 | 53 | 19 | 21 |
| CEA F.S. | 10 | 5 | 2 | 3 | 29 | 31 | 17 |
| PADRE FEIJÓO | 10 | 4 | 2 | 4 | 31 | 42 | 14 |
| LA PURÍSIMA | 10 | 2 | 0 | 8 | 23 | 51 | 6 |
| SAN JOSE | 10 | 0 | 0 | 10 | 10 | 55 | 0 |
