5º curso (4)
VISITA AO CONCELLO. 5º PRIMARIA
PEREGRINACIÓN Á CATEDRAL E CELEBRACIÓN DO PERDÓN. 5º e 6º EP
O martes 8 de marzo de 2016, os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria do noso centro fixeron unha Peregrinación á Catedral de Ourense, onde organizamos unha Clebración do Perdón na Capela do Santo Cristo.
A verdade e que foi unha experiencia gratificante coa que quixemos potenciar actitudes de reconciliación para a vida diaria con vistas a crear unha cultura de Paz e Perdón. +Fotos
CIENCIA E NATUREZA. 5º e 6º PRIMARIA
O martes 10 de marzo os alumnos de 5º de Primaria, visitamos a Aula da Natureza de Oira para saber máis sobre Ciencia e Natureza.
Cando pensamos na ciencia tendemos a identificala con experimentos espectaculares ou con complexas teorías só ao alcance dunhas poucas mentes privilexiadas. Pero, en realidade a ciencia é simple: trata de observar, facer preguntas e buscar respostas... algo que os nenos e nenas facemos constantemente de xeito natural... Mirade o ben que o pasamos [+Imaxes]
HOMENAXE A ROSALIA DE CASTRO NO CONCELLO
O Concello de Ourense celebrou este martes o 178º aniversario do nacemento da escritora santiaguesa Rosalía de Castro, unha das pioneiras do Rexurdimiento das letras galegas. No acto institucional, celebrado no Salón de Plenos da Casa do concello, estiveron presente os alumnos de 5º de Primaria do CPR PLURLINGÜE DIVINO MAESTRO de Ourense. Foron eles os encargados de ler fragmentos do célebre 'Cantares Galegos'. A súa audiencia, o alcalde e a concelleira de Cultura, que reivindicaron a importancia e profundidade da obra rosaliana.