6º curso (12)

EXCURSIÓN A MADRID - 6º ESO -> 2017

 OS ALUMNOS DE 6º DE PRIMARIA ESTAMOS EN MADRID DE PASEO...

...QUE ENVEXA VOS DAMOS!!!

 

6º PRIMARIA. CASTAÑAS

Os alumnos de 6º de Primaria visitaron a Aula da Natureza de Oira, onde aprenderon moitas cousas sobre as castañas e os castiñeiros, ademais de facer de catadores de productos feitos con castañas.

A verdade é que a castaña foi un alimento moi importante en Galicia, antes de que chegara... a pataca.

[+Fotos]

ILUSIONISMO: MAXIA OU CIENCIA?

O venres

O 28 de Outubro de 2016, os alumnos de 6º de Primaria visitamos a Exposición ubicada no Xardín do Posío "Ilusionismo, magia o ciencia?" que explicou aos alumnos como lograr a sensación de que o imposible resulte probable aos nosos ollos. A imaxe aquí exposta non é ningunha ilusión óptica, pero se premes nela verás algunhas, digocho eu. Para ver máis imaxes pulsa sobre a fotografía.

 

 

EXCURSIÓN FINAL DE ETAPA DE PRIMARIA 2016

Os alumnos de 6º de Primaria do CPR PLURILINGÜE DIVINO MAESTRO de Ourense fomos de viaxe a Madrid, capital de España, para coñecer algúns lugares moi interesantes como o Museo do Prado, o Parque do Retiro e bueno, poque non dicilo... o Parque de Atraccións.
Para ver máis imaxes preme na imaxe.
Antes da entrada ao Museo do Prado, na porta do Museo do Santiago Bernabeu, atopámonos coa Televisión que fixo unha pequena entrevista a algúns dos rapaces do CPR PLURILINGÜE DIVINO MAESTRO de Ourense. Toda unha experiencia. Mirade que ben o fixemos 

ENCONTROS CO AUTOR - 6º PRIMARIA

Os alumnos de 6º de Educación Primaria asistiron a "Encontros co autor", actividade organizada polo Concello de Ourense o día 29 de Marzo.
Neste caso foi coa autora Érica Esmorís, e o libro elexido foi "Nena e o Mar". A verdade e que estiveron moi atentos durante todo o encontro, ata saímos nunha foto de La Región. 
 

La Región. Mércores, 30/03/2016

OS TEACHERS DE 6º DE PRIMARIA

Os nenos de 6º de primaria do CPR PLURILINGÜE DIVINO MAESTRO de Ourense practicaron inglés cos nenos de 2º de Primaria facendo unha proba de speaking, convertendose en teacehrs por un día (12/06/2015).

EXCURSIÓN A MADRID 6º PRIMARIA 2015

Os alumnos de 6º de Educación Primaria pasámolo xenial disfrutando tres días xuntos de unha viaxe a Madrid onde visitamos: Antena 3, O Santaigo Bernabeu, o Zoo, os museos de Cera e o do Prado, o Parque de Atraccións e o Palacio Real. Tamén paseamos polo centro da cidade para coñecer os monumetos e edificios máis emblemáticos e significativos.

Felicitamos aos nenos polo seu excelente comportamento.

.

 

PRIMEIROS AUXILIOS 6º PRIMARIA

Os alumnos de 6º de Primaria recibiron un curso de primerios auxilios estupendo onde aprenderon moitísimas cousas:  como inmovilizar un membro, como para unha emorraxia nunha extremidade, tranquilizar a unha persoa ferida, realizar unha RCP... e ademáis pasárono estupendamente.

OS SACRAMENTOS

Deixamos  aquí unha presentación para coñecer mellor os Sacramentos.

Ir a Presentacion dos Sacramentos

Distribuir contido