D.E.R. (2)

EUCARISTÍA - DIVINO MAESTRO

A Comunidade Educativa do Divino Maestro, vai celebrar unha Eucaristía o primeiro venres de cada mes ás 8:15 horas na Capela do Colexio.
Poden participar todos os alumnos/as, profesores, familias e todas as persoas que o desexen.
6 de novembro 2015   1 de abril de 2016
4 de decembro de 2015  6 de maio de 2016
5 de febreiro de 2016  3 de xuño de 2016
4 de marzo de 2016  

DEPARTAMENTO EDUCACIÓN RELIXIOSA.

OBXECTIVO XERAL:

Afianzar a convicción de que educar na fe ,é unha tarefa que podemos levar a cabo a través da nosa vida e da nosa palabra, creando un ambiente que favoreza a vivencia dos valores cristiáns dende o compromiso.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
1.-Achegar os nosos alumnos á figura de Xesús Divino Maestro como modelo a seguir nas súas vidas.

 LIÑAS DE ACCIÓN:
- Reforzar o coñecemento da figura e personalidade de  Xesús ,Divino Maestro nas celebracións litúrxicas, clases de relixión,oracións das mañás e ver coma Xesús pon en práctica a empatía como se pon no papel do pecador , dos nenos , das mulleres, etc..
- Axudar os nosos alumnos ante situacións conflictivas da vida cotiá para reflexionar como as solucionaría e que actitudes tería Jesús a través da Biblia.

2-Seguir coidando as nosas actitudes ,accións e expresións convencidos de que educamos máis polo que somos que polo que sabemos,dicimos ou facemos.

LIÑAS DE ACCIÓN:
- Participando en todas as campañas de Solidaridade, Tolerancia ,Respecto…ó longo do curso coa seguinte orde;
1º Trimestre: DOMUND, Cea do Pobre.
2ºTrimestre: Infancia Misionera (Infantil e Primaria) e Campaña da Fame (Secundaria).
3º Trimestre: Campaña Misionera (24 de Maio).
- Pondo de manifesto nas nosas expresións e accións que somos persoas que nos apoiamos na fe e na esperanza.
- Ensinando ós nosos alumnos a orar seguindo o noso estilo oracional. 
- Acercar ós alumnos/as de  4º da E.S.O ó Museo do noso Fundador  en Montealegre.(posible data 15 de Xaneiro)  
 

3- Mellorar a nosa cualificación profesional coma profesores de Relixión.

LIÑAS DE ACCIÓN:
- Asistindo a cursos formativos como as Xornadas de Pastoral
- Traballando o valor da “interioridade” tanto nos profesores coma nos alumnos.
- Profundizando nas novas orientacións da educación relixiosa de acordo cos cambios que se están a producir na materia.
- Preparando as clases de Relixión con esmero e actualizando as Programacións de Aula.
- Traballando coordinadamente e estructurando a ensinanza das oracións en cada nivel educativo.

4- Favorecer a Pastoral celebrativa  do centro.
     
LIÑAS DE ACCIÓN:
- Preparando os momentos litúrxicos con atención.
- Ofrecendo a oportunidade de celebrar a fe a través das celebracións da palabra, dos sacramentos e litúrxicos.
- Demostrando que os contidos relixiosos teñen sentido na nosa sociedade actual, tratando sobre todo temas de experiencia humana, ter a posibilidade de falar con voluntarios ou misioneros par coñecer a súa labor na nosa sociedade
- Concienciando os pais da necesidade de ser os primeiros educadores na transmisión da fe dos seus fillos.
-Motivando os alumnos /as que deben continuar na súa preparación coma cristiáns asistindo a catequese non só para preparación dos Sacramentos.

5- Ofrecer, dentro das actividades extraescolares os “Grupos Divino Maestro” para que axuden ós nosos alumnos-as a desenvolver unha personalidade cristiá dende a vivencia dos valores evanxélicos, do compromiso de fe e solidaridade.

LIÑAS DE ACCIÓN:
- Propiciando experiencias que favorezan os valores de solidaridade, servicio, responsabilidade…,coma Vixilia da Luz, Pascua, Convivencias etc...
- Axudando os nosos alumnos a interiorizar.
- Motivándoos á participación dos sacramentos, facendo partícipes das Eucaristías.
- Estimulándoos á participación dos “Grupos Divino Maestro”

Distribuir contido