Quen somos? (1)

Quen somos?

A A.M.P.A. DO COLEXIO CONCERTADO Divino Maestro de Ourense é a asociación de pais, nais ou titores de alumnos matriculados no Colexio. Unha asociación, sen ánimo de lucro, que ten como obxectivo participar na marcha do colexio a través dos representantes elixidos para os diversos órganos colexiados do mesmo.

FINS DA A.M.P.A.

1. Asistir aos pais en todo aquilo que concierne á educación dos seus fillos.
2. Colaborar coas actividades educativas do colexio.
3. Promover a participación dos pais de alumnos na xestión educativa do colexio.
4. Solicitar a representación e participación dos pais nos Consellos Escolares e outros órganos colexiados.
5. Promover todo tipo de actividades, tanto complementarias como extraescolares, encamiñadas á formación dos alumnos.
6. Promover actividades de formación e integración dos pais no proceso educativo.

COMPETENCIAS DA A.M.P.A.

1. Informar o consello Escolar daqueles aspectos da marcha do colexio que se considere oportuno.
2. Elaborar propostas para o Consello Escolar a iniciativa propia ou a petición deste.
3. Fomentar a colaboración entre os pais e profesores do colexio para o mellor funcionamento do mesmo.
4. Promover a realización de actividades complementarias.
5. Informar as súas actividades.
6. Coordinación con outras AMPAS

SERVIZOS QUE OFRECE A A.M.P.A.

1. Atención a todos os pais para escoitar os seus problemas relacionados co colexio, atender as súas demandas ou trasladar as súas peticións aos órganos colexiais.
2. Promover a participación dos pais nas eleccións a consellos escolares, así como a súa implicación nas asembleas e actividades organizadas polo AMPA.
3. Organización de actividades extraescolares, de carácter formativo, que propicien o desenvolvemento do concepto: educación integral.
4. Colaboración nas actividades complementarias propostas polo colexio.

ONDE TEN REPRESENTACIÓN?

No Consello Escolar do Centro: É o máximo órgano de participación e representación dos diferentes estamentos (profesores, pais, alumnos e persoal non docente) da Comunidade Educativa do Colexio. A A.M.P.A. conta con 1 representante no Consello.

HORARIO DE ATENCIÓN A FAMILIAS

Os primeiros martes de cada mes de 15,30 a 16,30 horas e desde logo, sempre que necesiteis algo de nós.
Pódense entregar suxestións na caixa de correos do AMPA, sito na entrada do Patio.

 

Distribuir contido