Extraescolares

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2017/2018 (Actualizado)

Queridas Familias,

Poñemos a disposición de todos a oferta de Actividades Extraescolares para o curso 2017/2018, para que de este modo poidades planificarvos de cara ao vindeiro curso. Esperamos que sexan do voso agrado.

NOVIDADES: PATINAXE

INSCRIPCIÓNS ANTES DO 30 DE XUÑO

Horario de Actividades Extraescolares 2017/2018
Tarifas de Actividades Extraescolares 2017/2018
Ficha Inscripción Actividades Extraescolares 2017/2018

 

GUITARRA E TEATRO 2017

Os alumnos participantes nas actividades Extraescolares de Teatro e Guitarra, amosaron ao resto dos alumnos as súas creacións e habilidades. Estiveron todos xenial...

[Ver imaxes Guitarra]

[Ver imaxes Teatro]

PARTICIPAMOS EN MOTECES 2017. GRUPO TEATRO

O grupo de Teatro do noso centro, dirixido por Pablo Silva, participou nesta edición de MOTECES (Mostra de Teatro de Centros de Ensino Secundario)

A obra elexida para representar polos alumnos de Secundaria, e algún de primaria tamén, foi a obra "HIP, HIP, HURRA!" e data que nos tocou foi a do 8 de maio, tivemos moita sorte e puideron vela os alumnos de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de Secundaria, foi unha mañá divertida e ben diferente, xa podiamos ter máis así..., pero ademáis o día 12 de maio fomos recoller un agasallo para todos os Colexios participantes na iniciativa. A verdade e que estamos moi moi ledos coa experiencia, e por suposto, con gañas de repetir.

[+Imaxes]

[Noticia "La Región"]

EXTRAESCOLARES - CLUB MARUSIA

 

Infórmanos que os alumnos participantes na Actividade Extraescolar de Ximnasia Rítmica participaron o día 15 de abril nun torneo, deixamos aquí algunhas imaxes desa competición.

[+ Imaxes] 

IMPOSICIÓN DE PAÑUELOS 2017 - GDM

O martes, 24 de Febreiro de 2017, celebrouse na capela do Colexio como cada ano, a imposición de pañuelos dos Grupos Divino Maestro polos nenos e nenas que levan mais de dous anos pertenecendo a GDM. Despois tivemos unha pequena invitación a un chocolate quente.

.

ENTREGA CAMBRIDGE CERTIFICATES

O Xoves, 29 de Setembro entréganse os Certificados de Cambridge aos alumnos que se presentaron as probas no mes de Xuño
Ás 13:35 horas no Salón de Actos do Colexio

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2016/2017

Queridas Familias,

Poñémos a disposición de todos a oferta de Actividades Extraescolares para o curso 2016/2017, para que de este modo podades planificarvos de cara ao vindeiro curso. Esperamos que sexan do voso agrado.

NOVIDADES: BABY BASQUET (Educación Infantil) NENOOS (Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria)

INSCRIPCIÓNS ANTES DO 30 DE XUÑO

XIMNASIA RÍTMICA - V TORNEO INTERNACIONAL VILA DE RIBADAVIA

 

BRAVO CAMPIONAS !!!

Entre o 24 e o 26 de Marzo de 2016, celebrouse o V TORNEO INTERNACIONAL VILA DE RIBADAVIA, no cal particparon alumas do noso Centro, dende a Actividade Extraescolar de Ximnasia Rítmica, alí pasá,olo estupendamente aparte de acadar varios metais. +Info +Fotos 

Resultados:

Conxunto Benxamin B -Primeiras clasificadas
Conxunto Infantil D- Segundas clasificadas

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2015/2016

Hola Familias, 



Poñémos a disposición de todos a oferta de Actividades Extraescolares para o curso 2015/2016, para que de este modo podades planificarvos de cara o vindeiro curso. Esperamos que sexan do voso agrado.




Distribuir contido