Complementarias (76)

1ª XORNADA INTERZONAL DE ATLETISMO EN PISTA

A Delegación en Ourense da FGA e o Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, organizou nas instalacións do Complexo Polideportivo de Monterrei en Pereiro de Aguiar o pasado sabado día 11 de abril en xornada de mañá, a 1ª Xornada Interzonal Escolar de Atletismo en Pista para a Comarca de Ourense e dentro do programa XOGADE 2015 e como non alumnos do noso Centro participaron e pasárono estupendamente...

CORRENDO X OURENSE 2015

Un ano máis o CPR PLURILINGÜE DIVINO MAESTRO colaborando co Concello de Ourense para a organización do V Circuito de Carreiras Populares, Correndo x Ourense 2015.

A Primeira carreira o 26 de Abril de 2015, a do Vinteún, sairá da porta do colexio e teremos os vestiarios a disposición dos participantes.

Toda a información e inscripcións pódese facer a través da páxina do Concello

[Inscrición 2015]
[Regulamento 2015]
[Folleto 2015]
[Cartaz 2015]

FIRMAMOS CONVENIO CON AJE

Co obxectivo de difundir e fomentar o espírito emprendedor entre os máis xóvenes, a Asociación de Xoves Empresarios (AJE) de Ourense asinaba na mañá do 4 de marzo un convenio de colaboración co Colexio Divino Maestro. “Trátase dun novo acordo cun centro docente para levar a práctica empresarial ás aulas da provincia”, indican dende a entidade empresarial.-> Ver noticia completa

PREMIO POSTAL DE NADAL - ANPA 2015

O venres 23 de xaneiro de 2015, entregaron o 1º Premio a Postal de Nadal ANPAS dos colexios de Ourense, a un alumno do noso centro, David Osorio de 2º ESO, no Colexio Carmelitas.

 

 

 

SAN MARTIÑO 2014

Este ano, coma en anteriores, participamos na XXXVIII Carreira Popular Pedestre San Martiño, 2014.

Fomos bastantes os alumnos que asistimos aínda que a chuvia estivo presente, mirade algunhas fotos.

.

 

 

ÚLTIMO DÍA DE CLASE 2013 / 2014

Este último día de clases deste curso cuadrou a 20 de xuño, a verdade e que pasámolo de marabilla. Nun primeiro momento estivemos todos xuntos nas clases, logo baixamos ao patio para ver o partido de profes contra alumnos (Ver fotos partido).

Ao remate do mesmo fíxose entrega no Salón de Actos dos premios da Liga de Recreos "Xogo Limpo" (Ver fotos entrega premios).

Para rematar no Salón de Actos os alumnos de 4º de Secundaria, leron unha carta e mostraron unha pelicula con imaxes do seu paso por aquí (Ver fotos despedidas).

Como remate cada titor/a foi coa súa clase para a aula onde se despediron ata o próximo curso.

A verdade e que foi un día moi intenso pero tamén moi emotivo para todos

 

CORRENDO X OURENSE - O VINTEÚN

Este pasado domingo 27 de abril, saíu dende a porta do noso Colexio a IV CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES CORRENDO POR OURENSE 2014, houbo unha grande participación. deixamos unhas fotos, haber que vos parecen...

Distribuir contido