NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS
BENXAMÍN: BOSCO SALESIANOS VERDE - DEPORDIMA FRIAVANSO : 58-8
Partido
moi complicado o que vivimos o sábado de mañá en Salesianos.
Os
benxamíns enfrontábanse contra un equipo de gran calidade e que, como xa
se intuía no quecemento, non llo ía por nada fácil os nosos. Non só
podemos falar da evidente superioridade física, senón que tamén hai que
destacar a calidade dalgúns xogadores do Bosco Salesianos "Verde", así
como o bo xogo conxunto. Inda así, os nosos peques saíron a por todas e
seguiron demostrando que queren mellorar e crecer a cada partido. Chea
de ilusión ver o esforzos que os pequenos puñan en cada rebote e en cada
defensa.
Por último rematar felicitando ó rival, non só pola victoria,
senón tamén pola súa deportividade ao longo de todo o encontro.
ALEVÍN FEMININO: CARMELITAS VEDRUNA - DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS : 22-73
E
por fin se estreou en liga o Alevín Femenino.
A longa espera mereceu a
pena, pois as rapazas comezaron cun gran partido na cancha do Carmelitas
Vedruna.
Ás nosas costoulles entrar no xogo, cun primeiro cuarto moi
dubitativo que rematou co marcador a favor do conxunto local. Sen
embargo, a partir do segundo cuarto e unha vez calmados os nervios
iniciais, o noso equipo despegou un xogo moi colaborativo. Inda queda
moito camiño e moito por traballar, pero sen dúbida esta fin de semana
rematamos con boas sensacións e con moita ilusión para seguir
esforzándonos e mellorando todas xuntas.
Parabéns rapazas!!!
ALEVÍN MASCULINO : ABO - SERIGRAFÍA ALFER DEPORDIMA : 35-53
Os nosos alevins xogaron a rachas, nun partido competitivo
pero no que cando subiamos unha marcha ibamonos tamen no marcador pero cando
baixabamos esa marcha o outro equipo estaba o acecho.
Os 3 primeiros
cuartos foron desta maneira polo que o marcador reflexaba un tanteo moi
igualado o descanso 24-25. Todo parecia que ía ser así ata o final, pero un 4
e 5 periodos moi bos, sexa dito,con xogadas rapidas e con moi boas decisios finais
de tiro e unha defensa moi intensa dos 5, fixo que o final fose mais doado do previsto.
O tanteo destes 2 cuartos foi
(7-24) un +17 para nos, que rompeu o partido. O último cuarto axudou a ir
collendo mais minutos a nivel xeral e probar cousas novas.
A palabra EQUIPO o largo da
tempada ten que ser moi importante xa que se os 9 xogadores mais os benxamíns,cando suban, aportan o que
teñen que aportar, o equipo vai facer que o partido sexa moito mais difícil para os contrarios. Neste
caso todos aportaron o seu graniño e moi ben.
Moi contento en xeral destes nenos que cada día,semana e partido van a mais .
Levamos 2 de 2 e que siga así, pero
este finde tócanos unha dura pedra no camiño como e Xinzo, esperemos que sea 3
de 3 pero eso habera que pelexalo na pista , pero se somos un EQUIPO sera moi
dificil que se leven a victoria da nosa cancha .
A seguir asi PEKES, SODES MOI
GRANDES.
INFANTIL MASCULINO : BE ONE DEPORDIMA - COB : 44-53
Outra vez comezamos o partido máis tarde que o equipo rival.
Os nosos contrarios entraron ao partido máis concentrados e máis enchufados, o
que lle serviu para irse no marcador nos dous primeiros cuartos, chegando ao
descanso cunha renta de 15 puntos.
Na segunda metade, os nosos xogadores
comezaron a xogar como saben, pero xa era demasiado tarde para solucionar o mal
feito na primeira parte.
Esperamos que este fin de semana salgamos máis activos
desde o primeiro minuto.
INFANTIL FEMININO : DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS - COLEGIO MARIANO : 24-67
Unha vez mais as lesións e os golpes sufridos polas nosas xogadoras, impedíronos competir ata o final.
Despois de xogar un magnífico primeiro cuarto no que nos fomos por diante no marcador, a lesión de Icía no derradeiro segundo deste periodo, mais o golpe sufrido por Lucía nos primeiros compases do segundo cuarto aproveitouno o equipo rival para escaparse 10 puntos no marcador.
A segunda parte case sen cambios , e pese ó esforzo titánico das nosas guerreiras, o partido xa case non tivo historia.
Resultado demasiado abultado en contra , pero cas sensacións de que co equipo o completo, esperemos que sexa o mais pronto posible, podemos competir ca maioría dos equipos.
Na vindeira semana esperamos contar xa con Sara, Raquel, e Saray ,na fase final das súas recuperacións e tamén con Icía e Claudia esperando que lle desaparezan as molestias cas que veñen xogando ultimamente.
- APIs de Blogue
