01. Presentación

Presentar á Congregación o Carácter propio dos Centros "Divino Maestro", significa redefinir de xeito actual e sintético o máis xenuino e substancial do noso Carisma educativo.
 
Desenvolvemos na súa trama máis profunda o texto evanxélico que fundamenta o ministerio da Educación cristiá e que inspirou a Francisco Blanco Nájera e a Nai Soledad de La Cruz para dar resposta ao Espírito: "Os pobres son evanxelizados, hoxe cúmprese esa profecía entre vós".
 
Na nosa sociedade de privilexiados tamén existen os excluídos, os pobres, os derradeiros. Estes son os destinatarios da nosa misión. As Misioneiras do “Divino Maestro” estamos chamadas a vivir a Consagración como educadoras, facendo da escola a gran prataforma da Evanxelizazón e dende eiquí anunciar a Xesucristo ás novas xerazóns. Este é o acento particular que permite dar un aporte de novidade á cultura do noso tempo.
 
A nosa mirada apostólica descobre nas diversas culturas a faciana de  Xesús Divino Mestre. O encontro con esas realidades desafía a nosa acción educativa, esperta a creatividade, cuestiona o cotián e provoca o diálogo coas raígames fundadoras. Este é o reto que asumimos ao poñer nas vosas mans e no voso corazón de educadores, irmás e laicos, o Carácter propio dos Centros “Divino Maestro”.

Este documento sinala aspectos que inspiran e renovan propostas e Proxectos Educativos dos diversos países, co fin de dar unha resposta valente e profética na construción dunha auténtica comunidade educativa, que sexa testemuña significativa na nosa sociedade.
 
Para educar dende a perspectiva do noso carisma-misión, o mesmo na súa orixe que hoxe, en contextos socioculturais ben distintos, debemos entender o feito educativo como de natureza secular. Os nosos Centros, valoran a peculiar presenza dos segrares e a súa orixinal achega.
 
A presenza de laicos e relixiosas expresa a vivenza dun mesmo carisma educativo como un sinal que identifica a misión evanxelizadora da Escola Católica e a súa significatividade cara ao século XXI que estamos a estrear. Precisamos da fidelidade creativa para vivir o dinamismo da misión compartida e da “refundación dos nosos centros".
 
O Carácter propio elaborouse coa achega dun equipo que na súa fase inicial realizou un primeiro esbozo do mesmo, e con posterioridade enriqueceuse coa participación doutros equipos de irmás das distintas Zonas, ata acadar as liñas xerais que configuran este documento.

Que a nai Inmaculada, sexa o exemplo daquel amor maternal co que é preciso que esteamos animados tódolos que, na misión apostólica da Igrexa, coperamos na rexeneración dos homes.

                                          Irma. Mercedes Matías Creo. 
                                          Superiora Xeral
                                          Madrid 24 de maio, 2001
                                         Aniversario do Nacemento de Francisco Blanco Nájera