02. Introdución
O Carácter propio ou Ideario dos Centros “Divino Maestro” posúe, nos principios filosóficos que o animan, elementos de grande significado para a transformación do home e da sociedade do século XXI. Pode afirmarse, sen dúbida, que a obra educativa das Misioneiras do “Divino Maestro” constitúe unha resposta aos grandes desafíos que nos plantexa a sociedade actual, moi marcada polos procesos da globalización cultural, o pluralismo e as múltiples concepcións sobre a persoa, a familia, a vida e a mesma escola.
O ideal educativo que inspira os Centros Divino Maestro atopase reflexado na acción pedagóxica desenvolta nos diferentes países onde nos atopamos. Esta vixencia no presente da nosa historia, xunto coa importancia e a transcendencia que tiveron no seu dia, fan de Francisco Blanco Nájera e a Nai Soledad de La Cruz testemuñas carismáticas no eido do ensino.
Facemos público o noso compromiso de servizo á Igrexa como escola católica, arraigada na cultura do noso tempo e insertada na realidade social dende o propio carisma, sabedores de que o amor preferente polos pobres nos fai asumir o ministerio da educación cristiá, formar persoas capaces de dar resposta á cuestión sobre o senso da vida e a tantos problemas que asedian aos homes e as mulleres do noso tempo.
No noso Carácter Propio, aparece a expresión “Centros educativos”, xa que a nosa prioridade dende o comezo, e de xeito especial nesta sociedade en constante cambeo, é a formación de nenos, mozos e adultos. A educación do século XXI atopase marcada por novos retos que nos esixen apertura e compromiso a outras alternativas educativas que nos permitan chegar aos máis necesitados.
En derradeiro lugar, cumpre lembrar que nun documento destas características preséntase un ideario, xa que define un centro educativo que non sempre coincide coa realidade. É dicir, presenta o que quere ser, isto fai que a definición de "Carácter Propio", se convérta no alicente e no compromiso de tódolos membros da Comunidade Educativa.
