Institución Titular
A Congregación Relixiosa das Misioneiras do Divino Maestro, é un Instituto de Vida Apostólica, fundada en España, no ano 1944-1945 en Baza (Granada) por Francisco Blanco Nájera (1889-1952), e a Nai Soledad de La Cruz (1904-1965), quenes viviron de xeito intenso o ideal de levar a luz da verdade e o lume do amor do Divino Mestre á intelixencia e ao corazón dos pobres. Trátase, xa que logo, dun carisma que ten plena vixencia na sociedade actual: A educación cristiá dos pobres.
Conscientes dos desafíos que se lle suscitan hoxe á educación, vivimos a nosa misión docente-evanxelizadora, comprometidas na construción dunha sociedade máis fraternal e xusta. A educación é o elemento fundamental dunha sociedade máis fraternal e xusta. A educación é o elemento chave para afrontar os retos do noso tempo: a opción preferencial por aqueles que son excluídos e marxinados, polos que non teñen recursos, a atención ás novas pobrezas, a apertura ás minorías étnicas, culturais e sociais.
A Congregación Relixiosa “Misioneras del Divino Maestro” é a Institución Titular que garante o servizo educativo, a responsable de expresar e manter os principios que definen o tipo de educación que se desenvolve nos nosos Centros, así coma os criterios de actuación que expresan a fidelidade a estes principios.
Preocupase de xeito particular pola cohesión entre os distintos membros e estamentos que constitúen a comunidade educativa e pola coherencia e a calidade da educación.
Queremos facer visible a Igrexa, comuñón por medio do dinamismo da misión compartida cos educadores segrares, nos que delegamos funcións e aos que estimulamos no exercizo das diversas responsabilidades.
Dende o comezo a Congregación opta por unha filosofía educativa cristiá, na busca do crecemento dos alumnos na fe, que os leve a integración na súa vida dos valores do Evanxeo. Co noso Carisma impregnamos os ambientes educativos onde nos atopamos co espírito evanxélico da caridade e da liberdade que artellan ao novo home.
