04. Declaración de principios
Francisco Blanco Nájera considera a escola católica coma un lugar privilexiado da Evanxelización, porque entra de cheo na misión salvadora e docente da Igrexa. A escola ten que ser a aplicación do principio evanxelizador: "ide e ensinade a tódalas xentes".
Calquera que sexa o contido do ensino, exprícase á luz da fe. Como Escola Católica, os centros “Divino Maestro” son lugar de evanxelización, onde os alumnos aprenden de xeito progresivo a harmonizar a fe, a cultura e a vida.
O noso ideal educativo está orientado cara ao desenvolvemento integro do alumno, conducíndoo cara unha concepción cristiá do home, do mundo e máis da historia que o transforme e que ao mesmo tempo o constitúa no constructor dunha nova sociedade.
Blanco Nájera atópase entre os grandes defensores do dereito ao ensino, corrente que no século XX se manifestou con grande forza pola eclosión dos ideais democráticos.
Toda persoa ten dereito ao ensino e a sociedade débelle ofertar os medios precisos para que o poida exercer no marco das liberdades proclamadas na constitución de cada país.
O ensino é un dereito fundamental da persoa inscrito no ínterior da súa propia natureza. Este dereito natural do home esixe por parte da familia, da Igrexa e dos poderes públicos a obriga permanente de recoñecer os seus principios básicos expresados en:
1. O dereito dos pais de exercer a súa misión educativa como parte da súa liberdade e inviolabilidade persoal.
2. A liberdade dos pais para elixir Centros de ensino para os seus fillos.
3. A liberdade de crear e dirixir Centros de ensino por iniciativa de particulares, institucións ou grupos de persoas e definir o seu Carácter Propio.
4. A liberdade no desenvolvemento da función docente, no marco do Carácter Propio.
5. O dereito a recibir unha formación relixiosa e moral conforme ás propias conviccións.
6. O dereito á participación dos diferentes membros da comunidade educativa no control e xestión dos centros.
7. O dereito á gratuidade que asegura o acceso de todos ao ensino. A escola é unha das respostas institucionais máis importantes ao dereito de toda persoa ao ensino, e un dos factores decisorios na súa formación, na da familia e por conseguinte na construción da sociedade xa que garante:
-
O desenvolvemento en plenitude da personalidade dos alumnos.
-
A formación e o respecto dos dereitos e liberdades fundamentais da persoa.
-
A adquisición de hábitos intelectuais e de técnicas de traballo, de xeito sobranceiro nas circunstancias da cultura actual.
-
A asimilación dos valores e das actitudes que propicien a integración persoal e que favorezan a participación na vida social e cultural.
-
A verdadeira formación sobre a vida, o amor e a sexualidade.
-
O fortalecemento da conciencia ecolóxica, que vitaliza fondamente as relacións da persoa con Deus, dos homes entre sí e coa natureza.
-
A capacitación para o exercizo das actividades profesionais.
-
A formación no respecto á pluralidade lingüística, cultural e relixiosa da nosa sociedade.
-
A disposición para comprometerse de xeito persoal e solidario na construción dunha sociedade máis humana e máis xusta.
-
En definitiva, a filosofía dos nosos Centros diríxese cara á consecución da verdade e do ben, da beleza e da unidade.
Dacordo coa nosa concepción cristiá da escola e do ensino integro, o dereito ao ensino comporta poder acceder a un centro de ensino que favoreza o pleno desenvolvemento da personalidade, a súa inserción no entorno social e a súa preparación para a vida profesional.
