05. Identidade dos Centros "Divino Maestro"
Os Centros “Divino Maestro” son unha institución educativa ao servizo da persoa. Neste momento histórico caracterizado por unha sociedade como a nosa, onde o clamor dunha orde social xusta precisa de respostas inaprazables, a tarefa educativa dende as súas prácticas concretas ten a inmensa posibilidade de dar alternativas de solución inspiradas no amor, como valor esencial da nosa filosofía educativa: "O ensino é unha obra de amor, tenrura, abnegación e sacrifizo".
Esta herdanza identifícaos en calquera lugar onde se atopen. Así, como,a atención persoal aos alumnos, de xeito especial aos máis necesitados, por medio da aceptación da súa persoa e situación, pondo en valor non só o seu rendemento académico, senón tamén as súas calidades humanas, necesidades e intereses. Dada a transformación actual da nosa sociedade, dende os nosos Centros de ensino asumimos o desafío da “Nova Evanxelización”. A realidade de violencia,
desigualdade e exclusión imprica un meirande compromiso na formación de homes e mulleres para que se involucren de xeito activo na construción dunha cultura de paz, de xustiza e de honestidade.
UN ENSINO INTEGRO
O estilo de ensino dos Centros “Divino Maestro” basesase nunha visión integra do ensino. Teñen en conta o desenvolvemento harmónico da persoa, a persoa vai perfeccionando o seu ser e unificándose no crecemento humano cristián.
Entendemos a formación integra coma un proceso continuo, permanente e participativo que busca desenvolver de xeito harmónico e coherente todas e cada unha das dimensións da persoa: ética, espiritual, cognitiva, afectiva, comunicativa, estética, corporal e socio-política, co fin de acadar a súa realización plena na sociedade.
Procuramos unha actitude de apertura ao coñecemento e interdisciplinar. O ensino integro acádase coa interrelación de tódalas dimensións da persoa. Son obxectivos prioritarios da acción educativa: desenvolver tódalas capacidades da persoa ensinada, a súa formación no respecto aos dereitos e liberdades fundamentais para lograr a participación activa na vida social e cultural.
A nosa proposta de ensino pretende que o alumno chegue a ser ceibe e responsable.
Facilitámoslles o desenvolvemento de coñecementos, habilidades e aptitudes precisas para o pleno desenvolvemento da súa personalidade.
Para os centros “Divino Maestro” falar de formación integra non é novo e ten a súa razón de ser, xa que a filosofía de ensino pretendida polos seus fundadores: Francisco Blanco Nájera e a Nai Soledad de La Cruz, está orientada cara ao desenvolvemento non só da intelixencia, senón de xeito prioritario da vontade. Isto imprica a adquisición de hábitos e a formación de carácteres, conformar o pensamento e moldear o corazón.
A educación diríxese ao home na súa totalidade, conduce á persoa á súa perfecta madurez, recoñecendo coma unha verdadeira arte pedagóxica o atopar o equilibrio entre as distintas facetas da personalidade.
Blanco Nájera afirma: " Educar é ensinar a vivir". Isto supón, entre outras cousas, a atención e interese polos aspectos comunitarios dos alumnos, a súa capacidade de pensar e comunicarse en grupo, de convivir e traballar cos demais, a esixencia e firmeza no estudo, nas diversas actividades da vida escolar e a cooperación e a participación dos alumnos na súa propia formación.
UN ENSINO QUE EVANXELIZA
A escola é hoxe un dos principais elementos da misión evanxelizadora da Igrexa dende o diálogo coas culturas e coas novas xerazóns.Fieis á nosa misión docente- pastoral, os nosos Centros están orientados de xeito radical á liberación xenuina que abre ao home á plena participación no misterio de Cristo, quen ofrece un modelo de humanización, dende o cal consegue a verdadeira e auténtica liberación.
Aberta á transcendencia: " Fronte a todo intento dualista de entender a transcendencia como oposición á realidade do home, formamos aos nosos alumnos para que poidan vivir segundo o Espírito, e aprendan a trascender ata acadar as posibilidades extremas da existencia”. Imprica educar no valor da vida, é dicir, no coñecemento do significado máis profundo da existencia humana. Educar para a esperanza, para a utopía, abrir a persoa do alumno ao Reino de Deus, pólo no limiar da fe, no seguemento de Xesús, preparalo para ser un home novo comprometido co presente.
Que anuncia de xeito explicito a mensaxe de Xesús; os nosos Centros anuncian de xeito explicito a mensaxe de Xesús, Divino Mestre, morto e Resucitado que leva á comuñón filial co Pai e á comuñón fraterna e solidaria con tódolos homes, os nosos irmáns, procurando que esta mensaxe dea vida ás relacións entre os seus membros e configure un ambiente de ensino no que á luz da Palabra de Deus, renove e transforme os criterios, os valores determinantes, os pontos de interese, as fontes de inspiración e impregne todos os seus elementos.
Ensino Relixioso: "Ao buscar a realización total do home, o ensino integro esixe, de xeito necesario, o ensino relixioso coma algo sobranceiro. O ensino relixioso escolar precisa dun estudo sistemático para espertar a formación da fe e do seu compromiso de vida".
Dende esta visión integradora da fe, os Centros “Divino Maestro” introducen no seu currículo o ensino relixioso escolar, para que o alumno coñeza os contidos e os valores do Evanxeo e viva na fidelidade aos mesmos. Favorécese unha actitude crítica e comprometida na formulación "razón e fe", tendo en conta a necesidade dun acompañamento persoal e un proceso orgánico e sistemático que xere unha verdadeira formación cristiá capaz de: Anunciar que Xesucristo é o Evanxeo do Pai, a Boa Nova dirixida aos homes. Cara El converxen tódolos camiños da historia, é o Señor dos tempos .
Suscitar un encontro auténtico con Xesús, Divino Mestre que os leve á transformación da vida, e se exprese no testemuño persoal e social. Que a formación na oración se converta, dalgún xeito, nun punto determinante de toda programación pastoral.
Afianzar o amor e a devoción á Nai Inmaculada, coma muller que viviu á plenitude os plans de Deus ao servizo do Reino do seu Fillo.
Celebrar a vida da fe no seo da comunidade cristiá. É preciso insistir na participación na liturxia, no vivir dos sacramentos como necesidade de vida cristiá en verdade consciente e coherente.
Consolidar e interiorizar a Palabra de Deus, para que se converta nun encontro vital que interpela, orienta e modela a persoa.
Fomentar a participación doutras alternativas de formación: retiros, grupos de oración e de xeito privilexiado nos Grupos “Divino Maestro”, como medios de crecemento na fe, dende un proceso de maduración progresiva e compromiso apostólico orientado cara a unha opción de vida.
Motivar cara ao compromiso evanxelizador de solidariedade e servizo, que integre as inquiedanzas, responsabilidades e iniciativas pastorais e misioneiras na comunidade cristiá.
Evanxelizar a relixiosidade popular, costumes, tradicións, compartir medos e esperanzas, recuperar o sentido de festa e de celebración.
Non se trata dunha formación relixiosa abstracta, senón que se fai concreta e persoal. Consideramos a formación relixiosa coma un proceso educativo, no que o alumno se dispón a entrar en comuñón coa realidade trascendente, como derradeiro fin da súa existencia, o Deus da revelación histórica, Xesucristo, co que podemos manter unha relación persoal, viva e actual, que nos fai ao mesmo tempo homes cristiáns comprometidos co apostólado na sociedade e na Igrexa.
Atopar a Cristo vivo é aceptar o seu amor primeiro, optar por El, adherirse de xeito ceibe á súa persoa e ao seu proxecto que é o anuncio e a realización do Reino de Deus en solidariedade cos máis débiles
.
UN ENSINO NOS VALORES
Francisco Blanco Nájera e a Nai Soledad de La Cruz afirman que a acción de ensinar non é só transmitir unha suma de coñecementos ou información, senón tamén formar tódolos aspectos da personalidade ata que a persoa sexa coherente cos valores. A nosa proposta de ensino é un ensino nos valores:
Liberdade e responsabilidade
Verdade
Xustiza
Paz
Solidaridade
Espírito crítico
Participación
Respecto e tolerancia
Os Centros “Divino Maestro” concedenlle á liberdade unha importancia inestimable. A sociedade actual precisa deste valor, son moitas as formas de violenza e intoleranza persoal e social que viven nenos e mozos. Suscita unha serie de tensións naturais entre a liberdade e a verdade; entre a liberdade individual, o ben propio e o da sociedade.
O ensino nos valores proporciona á persoa a capacidade de saber recoñecer o punto de equilibrio entre a liberdade e a tolerancia, xa que crear unha verdadeira cultura da tolerancia requiere fixar os límites do intolerable.
A formación no é para o respecto cara ao diferente, coma unha disposición a admitir nos demáis un xeito de ser e de obrar distinto ao propio. A actitude de aceptación do lexítimo pluralismo é de xeito evidente un valor de enorme importancia.
Un elemento imprescindible no ensino nos Centros “Divino Maestro” é a formación do carácter. A vontade é a facultade capaz de impulsar a conduta e de dirixila cara a un obxectivo determinado.
Pretendemos que os alumnos se afeccionen na busca do valor da verdade, adquiren un sentido crítico sán fronte aos medios de comunicación de masas, que na actualidade posúen unha grande influenza manipuladora e coñezan outras fontes de información e de formación que, en definitiva, dan profundidade ao pensamento e á vida.
A solidaridade é "a virtude cristiá do noso tempo", coma un imperativo moral para toda a humanidade no marco da interdependenza universal actual e para a transformación das "estruturas de pecado".
Edúcase na e para a solidaridade en troques da competencia, seguindo os ensinos da doutrina social da Igrexa, para espertar nos alumnos un verdadeiro compromiso ante as necesidades materiais, culturais e espirituais da humanidade.
Estimulamos o recoñecemento da responsabilidade persoal e colectiva, a toma de conciencia sobor das inxustizas sociais e o compromiso socio-político a prol dunha sociedade máis xusta e fraternal.
O clima envolvente que sostén estes valores é o amor-tenrura. Clima que caracteriza o noso modo de ser e facer ensino: "o arte de saber ensinar é o arte de saber amar".
UN ENSINO DE CALIDADE
Os procesos son tan importantes coma os contidos. Non se trata de transmitir un cúmulo de informacións inconexas, senon de ensinar a pensar con rigor lóxica, creatividade e craros referentes. Algúns dos trazos considerados de grande importancia para que o ensino sexa de calidade real son: a orientación que dá ao desenvolvemento do pensamento e do traballo, unha formación dende e para a vida, que capacite para saber adaptarse as novas necesidades, posibilidades, e ás situacións de cambio cada vez máis presentes na actualidade. Trátase dun ensino que humanice, ceibe e ensine a amar e a servir. "A instrución fai ao home sabio, o ensino faino bo".
Nos Centros “Divino Maestro” fomentase o estudo serio e constante coma un factor que leva aos alumnos a descuberta da necesidade dunha verdadeira aprendizaxe nas dimensións que hoxe resumen a calidade do ensino: Aprender a aprender, aprender a facer, aprender a convivir, e aprender a ser.
A calidade educativa esixe unha apertura persoal e institucional á verdadeira excelencia en tódolos servizos, unha aceptación da transformación da praxis ensinante, sen medo ao cambio, cunha visión innovadora e optimista. Na actualidade consideramos a importancia que se lle concede ás novas tecnoloxías como medio de acceso a innumerables recursos e posibilidades de formación.
UNHA EDUCACIÓN QUE UNIFICA
Dende o concepto que ten Blanco Nájera da persoa, para elevala á máis alta perfección posible polo ensino, insiste en que ningunha faceta da súa personalidade quede esquecida, que se eduquen todas de xeito harmónico.
O ensino que ofertan os Centros “Divino Maestro” promove, de xeito progresivo e sistemático, o desenvolvemento interactivo deste conxunto de funcións: físicas e psicomotrices, intelectuais e afectivo-sexuais. Estas facultades promoven o eu persoal, e o seu cultivo, en íntima vinculazón e dependenza entre unhas e outras: Corporea, Intelectual, Afectiva, Moral, Relixiosa e Social".
Para Blanco Nájera no ensino non chega con que as ideas sexan coñecidas e contempradas, senón que tamén deben ser queridas con paixón.
Entendemos por ensino moral, a asimilación dos valores e das actitudes que informan a concepción do home cristián e que o oriéntan na súa realización persoal, podendo afondar no sentido da súa identidade coma individuo e coma membro dunha comunidade de fe.
A formación social potencia a apertura aos demais por medio da linguaxe, das relacións, da convivencia, do traballo, da cultura e do compromiso. Está xunguida aos valores do Evanxeo nunha dimensión de servizo a todos, en especial aos pobres.
