Estilo dos Centros "Divino Maestro"
Os Centros “Divino Maestro” identifícanse como unha segunda familia onde a comunidade educativa anticipa a nova orde social, cultivando as súas posibilidades e as do seu entorno, a pártires da intelixencia, da vontade e da acción como elementos básicos do dinamismo da persoa.
Blanco Nájera concibe a escola coma espazo-fogar dentro do cal o alumno se desenvolve pouco a pouco. A estrutura, organización, metodoloxía, contidos, estilo e ambiente confórmano como un Centro en Pastoral , caracterizado por un clima educativo onde se pasa da escola-Institución á escola-Comunidade, que manifesta os seus valores por medio de auténticas relacións interpersoais.
Tódolos elementos do ambiente educativo atopanse recubertos do espírito cristián, e orientados cara á formación dunha persoa comprometida coa construción da Igrexa e do reino de Deus, non só no seu contido teórico senón en todo o seu proceso e acción educativa. A persoa de Xesús Divino Maestro e da Nai Inmaculada móstransenos coma o paradigma cara ao cal se diríxe o dinamismo e máis a acción educativa dos nosos Centros.
Vívese nun clima educativo de comuñón e fraternidade, facendo dos nosos espazos de ensino unha verdadeira familia, fomentase o senso comunitario, democrático, participativo e a vivenza dos valores de: acollida, ledicia, sinxeleza, servizo, solidaridade e corresponsabilidade, así como o valor ecolóxico cada vez máis necesario para o home de hoxe; a estética, a orde e a pulcritude son elementos que distinguen o ambiente educativo.dos.Centros Divino Maestro.
”A apertura dos Centros Divino Maestro non está limitada aos tempos académicos, supera o sentido de horario escolar. Potenciase o ensino extra-escolar e o emprego do tempo libre, ofrecendo diferentes alternativas aos alumnos para favorecer a súa formación integra”.
Atende a capacitación para o traballo, o que quere decir organizar, optimizar e dirixir as ofertas de estudo e as necesidades da realidade, para o ben común. Co fin de atender ás capacidades dos alumnos, interesámosnos por buscar tódolos medios ao noso alcance que lles permitan o avance dos estudos e a sua inserción no mundo laboral.
Un servizo social. Dicimos que pretendemos Ensinar de xeito integro. Unha faciana da personalidade é a dimensión social, cuxo obxectivo é axudar aos alumnos a se sentiren responsables dos seus semellantes e da sociedade.
Ensinamos para construírmos unha sociedade fraternal e solidaria da que desaparezan as estruturas inxustas e as discriminacións contrarias ao Evanxeo. Dende esta perspectiva agroman criterios, opcións, pedagoxías, métodos, actividades e estilo, para formar no compromiso cos máis necesitados, dándolles a coñecer os múltiples problemas e os graves desequilibrios económicos, sociais, políticos e culturais dos que adoece o noso mundo.
Entendemos que un Centro de ensino non se pode definir á marxe da comunidade ou do entorno no que está inxerido, tendo en conta este criterio propomos:
-
Centros abertos á interrelación e ao fortalecemento dos vínculos de unidade e fraternidade.
-
Ter en conta a realidade rexional e nacional na que están inmersos para poder incidir no desenvolvemento e transformación dos diversos ambientes.
-
Programar para os alumnos os estudos máis axeitados e específicos ao entorno, segundo as necesidades locais e as posibilidades do curriculo académico.
-
Fomentar relacións de solidaridade e enriquecemento mutuo coas autoridades, organismos e Institucións.
-
Descubrir e recoñecer as características propias das novas xeración
-
Facilitar ás familias vidas doutros lares o mellor xeito para se integrar no novo ambiente sen ter que renunciar aos valores propios da súa cultura.
-
Infiltrar a acción dos nosos centros no contexto real.
