07. Os suxeitos da comunidade eeducativa
I. O ALUMNO
Centro e protagonista da acción educativa.
A formación da persoa é o obxectivo prioritario dos Centros “Divino Maestro”. A formación de homes ceibes e responsables. O primeiro sentimento que cumpre espertar no cativo é o da conciencia da personalidade propia, ceibe e responsable dos seus actos, suxeitos autónomos con capacidade para comprender e darlle senso a súa vida. A liberdade como autonomía, liberación das ataduras e recoñecemento da capacidade de eleción e de decisión que caracterixa a persoa.
O ideario pedagoxíco dos Centros “Divino Maestro” orientase na formación de persoas unificadas.
O desenvolvemento harmónico do ensino atende de bo xeito á persoa e conducea á unidade: intelixenza e vontade, razón e fe.
A liberdade constitue o clima básico no ensino que permite o desenvolvemento pleno da persoa por medio do libre emprego das súas experiencias, da elaboración das súas iniciativas e da participación no seu proceso educativo.
A responsabilidade persoal sobre tódalas súas accións e a aceptación das súas opcións constituen principios moi relacionados ca medra persoal e social; deste xeito a persoa avanza cara a súa propia madurez, actúa por sí mesma, coñece o que fai e os motivos das súas actuacións.
A creatividade na formación da persoa supón coperación activa. Consideramos que o alumno se atopa nun proceso de formación constante no que, de xeito creativo, ten que coidar das motivacións e progresar na confianza en si mesmo, na capacidade para superar modelos e na abordaxe dos desafíos personais e sociais. Toda acción de ensino por parte do alumno ten que ser vital, espontánea, consentida e querida. Esta actitude contribúe ao desenvolvemento das súas capacidades, habilidades e destrezas de xeito continuo.
Fundamentamos a participación na disposición para axudar, server e compartirmos segundo as capacidades de cada un e promovemos a participación de todos segundo sexan as súas posibilidades e as súas competenzas para o enriquecemento común.
A Reflexión e a crítica imprimen un sinal persoal ás accións. Trátase pois de formar ao alumno fidel as súas convicións e constante con seguridade persoal diante de opinións xuizos e decisións.
II. OS EDUCADORES
Comprometidos na misión compartida.
Os principios pedagóxicos dunha visión de ensino determinada marcan o perfil das persoas que neles se involucran. Na concepción dos Centros “Divino Maestro” poderíamos sinalar unha serie de características no educador que expresan o sinal propio dos mesmos.
O mestre ten un papel decisorio para que o ensino sexa a transmisión da mensaxe cristiá. A súa tarefa é non só expresalo ca palabra senon tamén coas súas actitudes e comportamentos. Sempre que nos Centros “Divino Maestro” se fala das condicións do bo educador incluese a súa capacidade de sentilo que ensina.
Axudan e acompañan ao alumno na formación da súa personalidade e complementan ao ensino dos pais. Non vive a súa vocación só pola fonte do coñecemento, nen por ser un transmisor de sabedorías, senón coma verdadeiros guías moraís e pedagóxicos comprometidos coa súa vocación.
Interesase polo coñecemento do mundo do alumno, incluindo a familia, os amigos, os compañeiros, a subcultura xuvenil e os seus costumes, as presións sociaís, a vida escolar, a política, a economía, os medios de comunicación social, o arte, a música, a relixión e outras realidades que lle atinxen. Do mesmo xeito, coñecen do contexto no que se produce o ensino.
Dalle moita importancia ao traballo intelectual serio e rigoroso, tentando que o alumno acade o máximo das súas posibilidades, ao traballo en equipo, a integración e a socialización para compartir iniciativas e enriquecer os matices máis salientables cos valores persoais e das diferentes culturas. Esto supón disposición e apertura para realizar a acción de ensinar coma unha verdadeira Misión Compartida.
O amor é un factor que envolve toda acción de ensino e favorece o desexo de aprendizaxe dos alumnos. Esto require dos educadores capacidade para a creación de vínculos afectivos que se mostran en: lediza, aceptación, traballo e esforzo compartido por evitar a exclusión e o fracaso.
Ensinar na diversidade sen perder a raigame da identidade propia. Non é o relativismo ético o que vai facilitar a aceptación do diverso, senón a toleranza e o respecto á experienza humana sexa cal sexa a realidade persoal, cultural ou social dos alumnos.
Inquedanza pola formación continua en tódalas dimensións da persoa como profesionaís e crentes comprometidos na acción pastoral. As esixencias científicas, as contribucións da sicoloxía, socioloxía, teoloxía economía e informática, son básicas para a organización da teoría e da práctica do ensino na actualidade.
Participan da responsabilidade no ensino e interveñen na xestión do centro por medio da súa participación nos distintos estamentos da organización, coa elaboración conxunta da proposta de ensino coa Institución Titular do centro.
III. OS PAIS PRIMERIOS EDUCADORES
A nosa concepción da escola como una institución saida da familia, un complemento e prolongación da mesma, unha segunda familia para os alumnos, esixenos establecer unha relación próxima familia-escola por medio da participación activa, da apertura, da colaboración e da axuda mutua, co obxectivo de acadar unha acción educativa coherente.
Os Centros “Divino Maestro” recoñecen a familia como a expresión primeira e fundamental da natureza social do home, quen ten dereito á vida e ao amor familiar . É a institución primaria e básica da sociedade. Compete primeiro aos pais a tarefa educadora, eles son os primeiros e principais pedagogos
Diante da responsabilidade da familia, como primeira educadora dos seus fillos, e da necesidade de que coñeza a nosa proposta de ensino e de que se comprometa con ela, constitue un desafío involucrala neste obxectivo e ofrecerlle os elementos para que realice mellor a súa misión formadora:
Para ser unha auténtica formadora do home é necesario que a familia se constitúa nunha verdadeira "igrexa doméstica" chamada a ser o ámbito no que os pais transmitan a fe, por medio da oración, da palabra e do exemplo.
Nun ambiente familiar comprometido coa práctica da fraternidade e da solidaridade non será difícil que os fillos saiban descubrir e vivir o seu compromiso cristián.
Na filosofía de ensino dos Centros “Divino Maestro” débese promover a familia, o arraigo da verdade, o ben, a unidade, a beleza, a dignidade, a liberdade, a xustiza e a honestidade. Os valores familiares deben de ser tidos en conta e respectados no ámbito do ensino como elementos substantivos na formación. O exemplo, a autoridade e o amor, son os orzamentos máis importantes e decisorios en toda obra educadora. Ninguén posúe en tan elevado grao esos tres resortes coma os pais respecto aos seus fillos.
La familia é unha realidade social transmisora de cultura, trátase da tradición mesma da vida, nela afianzase a identidade nacional e rexional das persoas e consolidase o desenvolvemento dunha auténtica nova sociedade na que se estabrecen los principios da orde social, da responsabilidade mutua polo ben común e se ensina a respectar a vida en tódalas súas manifestacións. As familias que elexiron o Centro por razóns axenas ao seu Carácter Propio son sabedoras de que, pola índole do mesmo, deben de acoller e respectar o tipo de ensino que imparte o Centro.
IV. O PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS
O persoal de administración e servizos constitue unha parte importante da comunidad educativa e presta unha valiosa colaboración á Entidade Titular, á dirección, aos profesores, aos alumnos e as súas familias. Nos Centros “Divino Maestro” tódalas persoas que realizan unha dimensión de servizo sentense vinculadas á tarefa educativa do mesmo, seguras de que toda acción, segundo a súa propia natureza incide no ensino integro do alumno.
A súa presenza no Centro favorece a calidade do ensino por medio de:
- A testemuña do traballo constante e ben feito.
- O espírito do servizo.
- O senso de acollida e relazón de cordialidade.
- A fidelidade, a discreción.
- A sensibilidade estética.
