11. Conclusións
Nos diferentes apartados deste documento faise unha descrición dos rasgos más significativos que definen a identidade dos nosos Centros “Divino Maestro”, como Centros educativos católicos.
Constatamos que as raígames fundacionais do noso carisma educativo, teñen actualidade plena arestora, alumean as prioridades que debemos marcar para unha sociedade en continuo cambio con novas tecnoloxías, retos e desafíos cada paso máis importantes.
O emprego de novos termos, novas ideas e paradigmas de ensino afianza a actitude de apertura da nosa identidade, que nos leva a coñecer, integrar e dar resposta aos sinais dos tempos. Entramos na sociedade da aprendizaxe. Aprender a aprender, aprender a coñecer, aprender a facer e aprender a ser, son os catro conceptos básicos do ensino do novo milenio. Nestes térmos podemos ler e interpretar o "Carácter Propio", xa que todo él sinala a necesidade de desenvolver o grande potencial da persoa.
Do Carácter Propio surxen e actualizanse as Propostas dos proxectos Educativos das diferentes Zonas que terán as súas respectivas concrecions en cada Centro.
Do mesmo xeito que o ensino se ten que adaptar aos múltiples cambios da sociedade, cada vez máis rápidos, ainda que sen perder a esencia da formazón integra da persoa, este documento contén as líñas directoras en tódolos ámbitos educativos dos nosos Centros´e a pártires del vanse realizar as reflexións e as aportacions que permitan dar resposta á diversidade e a pluralidade; non é o mesmo ensinar en Europa, que en América ou en Africa. Cada lugar posúe a flexibilidade suficiente para significar o seu auténtico valor e realizar as correspondentes transferencias.
