PREMIO DO DEPORTE GALEGO: MELLOR CENTRO EDUCATIVO

A Xunta entregará na Gala do Deporte dezaseis Premios a Profesionais, Institucións e Empresas comprometidas coa práctica da actividade física
Os galardóns serán entregados nun acto que se celebrará no centro sociocultural de Caixanova de Vigo o vindeiro 22 de abril.
Mellor centro educativo: Divino Maestro de Ourense. O colexio de Ourense ten no deporte unha referencia como vía de aprendizaxe de valores. As súas escolas son un exemplo dende hai varias décadas e, máis alá dos resultados, os seus responsables teñen amosado que son quen de formar os mozos a través do deporte.