SEMANA CULTURAL 2010
Xa está en marcha a Semana Cultural, este ano celebrarase entre o luns 24 de maio e o domingo 30 de maio, e estará chea de actividades para que todos o pasemos estupendamente.
O Luns 24 de maio a partires das 15.30 horas celebramos a Tarde Misioneira, e todos os asistentes pasámolo moi moi ven. Podedes ver algunha das actividades nas fotos da Galería
O longo da semana haberá múltiples saídas e excursións dos diferentes cursos dende Educación Infantil ata Secundaria.
O xoves 27 de maio a partir das 9.30 e ata as 11.15 horas, no Salón de Actos, facemos o II Concurso de Cálculo Mental, onde participarán alumnos dende Infantil 5 Anos ata 4º de Educación Secundaria.
Pulsando sobre a imaxe veremos máis fotos
A partires das 11.35 participamos no Cross Misioneiro, onde correndo por ciclos no parque enfronte ao Colexio quemamos calorías e expulsamos toxinas. Algúns momentos maravillosos de ese cross témolos en canto pulsemos na seguinte imaxe
DOMINGO 31 DE MAIO
Este domingo estamos todos convidados a disfrutar do día da Familia, que constará de unha viaxe ata Santiago de Compostela, para facerlle unha visita ao Apóstolo neste ano Xubilar, despois da celebración desprarémonos ata a O Santuario da Virxe da Saleta, en Siador, Silleda (Pontevedra) onde comeremos as exquisitas delicias que cada un traia da casa.
O tempo parece que para este domingo vai ser bastante bo para celebrar este día todos xuntos.
CONTAMOS CON VOS!
- APIs de Blogue
