MATRÍCULA 2011/2012

ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2011-2012 NOS NIVEIS DE EDUCACIÓN INFANTIL, EDUCACIÓN PRIMARIA E EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

O horario de atención ao público será o seguinte:

Mañás  -> de 11.00 a 13.00 horas de Luns a Venres.

Tardes -> de 15.30 a 17.30 horas os Xoves.

 

NORMATIVA APLICABLE:

- Decreto 30/2007 do 15 de marzo de 2007 (DOG 18-03-07)
- Orde do 17 de marzo de 2007 (DOG 19-03-07)
- Corrección de erros na Orde (DOG 04-04-2007)
- Instruccións da Secretaría Xeral
- Consulta da Orden na Portería do centro


CALENDARIO DE ACTUACIÓNS

PRAZOS

ACTUACIÓNS

1 de marzo

Publicación
no taboleiro de anuncios do número de postos dispoñibles para o curso 2011-  2012 especificados por curso e nivel.

Quedan
reservados tres postos por unidade para alumnado con necesidades especificas
de apoio educativo nos niveis de 1º de Ed. Infantil, 1º Ed. Primaria e 1º Ed.
Secundaria

 

 

1 ó 31 de marzo

Prazo
para a presentación de solicitudes de admisión nos centros educativos.

A presentación dos xustificantes dos criterios de baremación ten carácter
voluntario.

Cada solicitante presentará unha única instancia,
relacionando nela por orde de preferencia todos os centros nos que solicita
praza. Esta instancia será entregada no centro que solicita en 1º lugar.

1 ó 4 de abril

Remitir ao presidente da Comisión de escolarización a relación de
solicitudes  presentadas no centro.

1 ó 30 abril

Adxudicación polo Consello Escolar de postos escolares vacantes segundo
os criterios de baremación

30 de abril

Publicación provisional de admitidos

2-6 de maio

Prazo de reclamación ( 5 días hábiles, ambos incluídos)

Unha vez resoltas as
reclamacións

Publicación das listaxes definitivas (admitidos e non admitidos)

Anunciarase a posibilidade de presentar recurso de alzada ante o Delegado
provincial (un mes de prazo)

 

A Delegación de Educación remitiralles unha carta aos non admitidos
explicando o centro asignado.

 

20-30 xuño

Formalización da matrícula para educación infantil e primaria.

Transcorridos estes prazos entenderase que o alumno non
matriculado renuncia á praza.

 

25 de xuño a 11 de xullo

Formalización
de matrícula dos alumnos de ESO.

Transcorridos estes prazos entenderase que o alumno non
matriculado renuncia á praza.

1 -12 de septembre

Prazo
extraordinario para alumnado de ESO

ASPECTOS
IMPORTANTES A CONSIDERAR:

Os alumnos de educación secundaria obrigatoria admitidos en
centros distintos ao de adscrición 
deberán solicitar do centro de primaria un certificado no que conste a
superación desa etapa educativa para os efectos de formaliza-la súa
matrícula.

 
No caso de que un alumno presente máis dunha solicitude en
distintos centros, e no caso de que haxa falsedade na documentación que
achega, non se terá en conta ningunha solicitude, procedéndose a súa
escolarización o final do proceso. Do mesmo xeito se procederá coas
solicitudes entregadas fora de prazo.
 

OBSERVACIÓNS:

Para baremar o criterio de admisión "renda anual da unidade familiar", deberase ter en conta o IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples) para o ano 2010: 6.326,86 € /ano.


A cantidade expresada na suma dos recadros 465 + 455 da Renda correspondente á do 2009.

Documentos descargables:

Calendario de Actuacións
Prazas Vacantes
Decreto de Admisión de Alumnos - Orde 17 de marzo de 2007
Solicitude de Admisión 2011