AXUDAS LIBROS 2012/2013 (Primaria e Secundaria)
Os requisitos e formularios poden descargarse dende a páxina da Xunta ou dende a do Centro.
DOCUMENTACIÓN
Xunto coa solicitude presentarase orixinal e copia da seguinte documentación a fin de que a persoa que a reciba poida verificar a autenticidade da copia e devolva os orixinais.
a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.
No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, o día 31 de decembro de 2010, non coincide coa reflectida no libro terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.
b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia o 31 de decembro de 2010:
- Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,
- Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou
- Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.
A RENDA QUE SE PIDE É A DE 2010, SUMAR AS CASILLAS 455 E 465 E DIVIDIR O TOTAL ENTRE O NÚMERO DE MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR, E SEGÚN ESE DATO CUBRIR O APARTADO "D)" DA SOLICITUDE
EXPLICAMOS BREVEMENTE AS DISTINTAS AXUDAS (para +info):
GRATUIDADE SOLIDARIA: PARA PRIMARIA (1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º), SECUNDARIA (1º, 2º, 3º e 4º) E EDUCACIÓN ESPECIAL
Orde do 30 de maio de 2011 - Axudas para que as familias compren os novos libros neses cursos. +info
ANEXO I
PRAZOS
PRIMARIA E EDUCACIÓN ESPECIAL -> Do 2 de Xuño ao 2 de Xullo
SECUNDARIA -> Do 25 de xuño ao 26 de xullo
Os que deban examinarse en setembro do 1 de setembro ao 1 de outubro
- APIs de Blogue
