Cto. Provincial de probas combinadas

O sábado 21 de abril de 2007 disputouse nas pistas de atletismo "Josefina Salgado" (Complexo Deportivo de Monterrei - Pereiro de Aguiar) o Campionato Provincial de probas combinadas.

Participaron cerca de vinte rapaces do cole que competiron con gran entusiasmo e espíritu deportivo. Salientamos o esforzo tanto de nenos coma de pais, pois moitos alumnos estiveran toda a mañá na final provincial de Bádminton e pola tarde non faltaron á cita co atletismo.

En alevíns,destacamos o Subcampionato provincial na categoría feminina acadado por Mª Paz Obeso. Na mesma categoría Laura Rodríguez quedou ás portas do podium coa súa cuarta posición.

En infantís salientar a quinta posición do infantil Jesús de José e estupenda actuación de María Luque nunha proba de gran nivel.

Especial mención merecen os atletas máis cativos que con gran ilusión se adentraron nesta especialidade: Almudena Pérez, Manuel García, Kevin Iglesias e Hugo Domínguez entre outros.