13 ª XORNADA LIGA BENXAMÍN MIXTA DE BALONCESTO

 O partido estivo moi disputado, e non foi ata os dous derradeiros cuartos, cando o equipo visitante logrou unha ventaxa que xa non puidemos reducir. O resultado final foi 25-47.

    @s nos@s nen@s fixeron un moi bo partido e  puidemos competir cun bo equipo durante case todo o encontro, demostrando unha semana mais, que a progresión está sendo moi boa.

    O vindeiro partido disputarase  o domingo 22 de abril a partir das 16:00 h no colexio Salesianos, diante estará o conxunto do COB masculino, líder destacado da clasificación e que

gañou todos os partidos da liga. Este será o último partido desta fase.