14ª XORNADA LIGA BENXAMÍN MIXTO DE BALONCESTO
Rematou a primeira fase da liga e terminámola nunha meritoria SEXTA POSICIÓN dentro do grupo B.
Nesta derradeira xornada pouco podíamos facer fronte ao líder da categoría, o equipo masculino do COB Salesianos, que non perdeu nin un so partido en toda a liga. O partido foi totalmente controlado polo equipo local e non nos diu a mais mínima opción durante o encontro. O resultado final mostra claramente a diferencia existente entre os dous equipos, 57-7.
Este fin de semana comeza a segunda fase, e xogamos polos postos do 11 ao 14, cos seguintes rivais, O BARCO, VERÍN e FRANCISCANAS.
O vindeiro partido xogámolo no noso colexio o sábado 05 de maio as 11:30 h fronte o equipo das FRANCISCANAS.
»
- APIs de Blogue
