14ª XORNADA LIGA BENXAMÍN MIXTO DE BALONCESTO
Rematou a primeira fase da liga e o fixemos nunha meritoria SEXTA POSICIÓN, dentro do grupo B.
Nesta derradeira xornada enfrentabámonos ao equipo do COB Salesianos masculino, líder da liga e que gañara todos os seus partidos con moita solvencia. O resultado final de 57-7 non deixa dúbidas de como foi o partido, dominio total dos cobistas.
Esta fin de semán comeza a segunda fase na que loitaremos polos postos do 11 ao 14, cos equipos seguintes : O BARCO, VERÍN e FRANCISCANAS.
Oprimeiro partido xogarémolo na nosa pista fronte as FRANCISCANAS dende as 11:30 h.
»
- APIs de Blogue
