VIII RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR 2012

28 de novembro -> PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS ELECTOS AO CONSELLO ESCOLAR -> Ver Acta

21 de novembro -> Realízase o sorteo para a composición da Mesa Electoral de Pais/Nais e de Alumnos

O 20 de novembro de 2012, reúnese a Xunta electoral para aprobar o Censo definitivo e para a Admisión e Proclamación de Candidaturas

Poñémonos en comunicación convosco para informaros que no marco do proceso de renovación do CONSELLO ESCOLAR, a Consellería de Educación publicou a Resolución do 7 de Setembro de 2012 (DOG 20/09/2012) da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria.


Este ano ten que facerse a RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO que afecta á metade dos seus membros, é dicir:

- Dous representantes dos profesores

- Un representante dos alumnos


- Dous representantes dos pais, un deles o proposto polo AMPA


- O representante do persoal de administracións e servizos


- O representante da aula de Educación Especial

De acordo co estipulado na Orden da Consellería, todo o proceso electoral desenvolverase no mes de Novembro.

As datas de todo o proceso estarán expostas en portería e na porta de entrada dos alumnos. Os censos de pais/nais estarán expostos na mesa de entrada a portería a partir do día 8 de novembro.
Esperamos a vosa participación activa en todo o proceso.

XUNTA ELECTORAL PARA A APROBACIÓN DOS
CENSOS ELECTORALES
 -> Composición da Xunta Electoral

-> Carta enviada ás Familias para informar