3ª XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

A pasada semán disputouse a terceira xornada para os nosos equipos de baloncesto con distinta sorte.

O equipo benxamín mixto logrou a primeira victoria da tempada en terras alaricanas fronte o equipo local, por un resultado de 21-60. Partido moi completo o disputado por todos os componentes do equipo, que pouco a pouco vai mellorando nas distintas facetas do xogo.

Por contra, o equipo alevín mixto caeu derrotado no Polideportivo do noso colexio polo equipo da Purísima  debido en gran parte a diferencia de altura existente entre os dous conxuntos, con tres rapaces por encima do 1,65 m.