6ª XORNADA LIGAS BENXAMÍN E ALEVÍN MIXTO DE BALONCESTO

  Nesta xornada ningún dos nosos equipos logrou a victoria, o parón polas festas do Nadal non sentou demasiado ben ós nosos xogadores , ainda que o esforzo e a loita que puxeron en cada partido e digno de mención.

    O equipo alevín caeu derrotado fronte o equipo mixto do colexio Padre Feijoo,composto case todo por rapazas, que por certo, o fan moi ben, xogan moi ben en conxunto e técnicamente están moi ben traballadas. Os nosos xogadores fixeron o que puideron, hai que ter en conta que este equipo tan só ten 4 xogadores alevíns, o resto son rapaces benxamíns que suben cada partido a botarlle unha man ós seus compañeiros, polo que todo o que este equipo fai ten un mérito enorme.

   O equipo benxamín despois de tres victorias consecutivas non puido lograr a cuarta e caiu derrotado fronte o equipo do EDO 2004 nun partido no que non estivemos acertados e o rival aproveitouno para lograr unha victoria mais doada do esperado.