9ª XORNADA LIGA BENXAMÍN E ALEVÍN MIXTO DE BALONCESTO

Esta semana o noso equipo benxamín enfrontouse o equipo San José Pabellón e pese ao bo partido realizado colleitaron unha derrota, pero con moi boas sensacións, xa que en moitos momentos do partido fixemos as cousas moi ben tanto en ataque coma en defensa, polo que hai que estar moi orgullosos polo traballo que realizaron os nosos pequenos.

O equipo alevín tamén se enfrontaba ao equipo de San José Pabellón é por desgracia tamén colleitaba unha derrota. Neste partido a diferenza entre ambos equipos foi moi notoria, xa que o conxunto rival conta con varias xogadoras acostumadas a xogar na categoría infantil e o nivel que amosaron foi moi superior ao do noso equipo.